
miércoles, 23 de mayo de 2012
LETRAS GALEGAS 2012 :CONCELLO DE BOIRO

viernes, 11 de mayo de 2012
I MOSTRA DE APRENDIZAXE APA LOUREDA: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

martes, 10 de abril de 2012
OBRADOIRO DE MANUALIDADES
Estimad@s soci@s:
Coa presente comunicámoslles que para as mañás dos sábados do mes de maio, imos impartir para tódol@s soci@s un obradoiro de xoguetes e instrumentos reciclados gratuíto.
Todos @s nen@s interesados deben apuntarse na conserxería do colexio ou no Centro Social de Cabo de Cruz, sendo a data límite de inscrición o 27 de abril. (non se admitirá a participación despois desta data). A primeira semana de maio enviaremos nota cos horarios, os grupos de participación e lugar onde se impartirá o obradoiro.
Así mesmo aproveitamos para recordarlles que todos aqueles participantes que non recolleron aínda o CD, da gravación do Festival de Nadal, poden facelo no Centro Social de Cabo antes do 31 de maio do
presente (a partir desta data non se entregarán máis CDS).
ATENTAMENTE A DIRECTIVA
MATERIAL NECESARIO QUE DEBEN TRAER @S NEN@S PARA O
OBRADOIRO
3 Vasos de iogur / 2 chapas de botella/ 5 corchos / 2 botella de refresco de
TODO O MATERIAL DEBE VIR LIMPO E SECO E DEBE SER CONSEGUIDO
DE RECICLAXE, OU SEXA, NON SE PODE MERCAR NADA. GRACIAS.
lunes, 5 de marzo de 2012
RECOLLIDA DE DVD DO FESTIVAL DE NADAL
martes, 24 de enero de 2012
ANTROIDO APA LUREDA 2012
Estimad@s Soci@s:
Ná Asemblea ordinaria celebrada pola Directiva da APA o 13 de xaneiro, acordouse levar a cabo a celebración do Antroido o sábado 18 de febreiro das 16:30 ata ás 19:00h. Por tal razón convocouse a todos os pais e nais a reunión informativa que tivo lugar o sábado, 21 de xaneiro das 17:00 ás 18:00h. Centro Social de Cabo de Cruz onde se deron todos os detalles e se repartiron as tarefas.
O programa elaborado foi o seguinte A.- Desfile, aberto o público en xeral aínda que a APA só se fai, única e exclusivamente, responsable dos seus asociados, as demais persoas que participen farano pola súa conta e risco; B.- Chocolatada. C.-Baile de disfraces, ámbalas dúas só para socios.
A temática deste ano será OS POBOS DO MUNDO, e cada grupo (nenos, familiares e monitores) terá que levar, si é posible, o disfraz asinado baixo sorteo. Especifícanse un pouco as características dos disfraces para que sexan máis ou menos homoxéneos:
. Os de Infantil irán de Esquimós;
. Casaca branca e pantalón negro ou vestido marrón, ambos con polainas. Opcional gorro de la ou pel apropiado.
. Maquillaxe moreno e ollos resgados con lapis negro. Peiteado apropiado.
. Complementos: canas de pescar, lanzas, pingüíns, focas de xoguete.
. Os de 1º de primaria irán de Batusi;
. Formula e pantis negro e saia ou taparrabos e suxeitador* de pel. Guantes negros opcional
. Maquillaxe: cara pintada de negro, con resgos en Branco “guerra” Perruca negra de rizos corta.
. Os de 2º de primaria irán de Mexicanos;
. Camisa e pantalóns brancos, poncho cadrado todos iguais e sombreiro de palla / saia e camisa brancas con adornos ou branca de todo e poncho cadrado.
. Maquillaxe moreno, e bigotes / nenas con trenzas e lazos de cores, labios e ollos pintados. Perrucas largas morenas ou trenzas
. Complementos: ….
. Os de 3º de primaria irán de Vikingos;
. Traxe marrón, e gorro
. Maquillaxe moreno, pelucas largas rubias ou castañas barbas e bigotes
. Complementos: armas
. Os de 4º de primaria irán de Chinos;
. Vestido chinés / pantalón negro e casaca, gorros. Todos da mesma cor.
. Maquillaxe: amarelo ou branco elas. Trenza larga eles e perillas. Moños con paos elas. Ollos resgados con lapis negro, elas boca pequena con pintabeizs vermello.
. Complementos: abanicos, balanza cubos.
. Os de 5º de primaria irán de Exipcios:
. Túnicas ou vestidos brancos con adornos. Diademas ou gorros apropiados.
. Maquillaxe: ollos alargados con lapis negro, perrucas con corte exipcio.
. Os de 6º de primaria irán de Escoceses:
. Saia e banda de cadros e chaleco, boina e polainas, camisa branca.
. Maquillaxe: perrucas largas e bigotes e barbas a poder ser louras e rubias
Os socios e familiares que queiran participar débense apuntar na conserxería do colexio ou ben no Centro Social antes do día 10 de febreiro, por mor da organización. Igualmente, coma cada ano, pediuse a colaboración para que os familiares dos cativos, traian os doces típicos desta celebración (filloas, orellas, rosquillas, etc.).
sábado, 7 de enero de 2012
ANTROIDO APA LOUREDA 2012
¡IDE PENSANDO OU IDEANDO DE QUE NOS IMOS A DISFRAZAR.!
COCO-NOEL E OS REIS MAGOS RECOLLEN AS CARTAS E DESEXOS DOS CATIVOS
O día 20 de decembro o noso querido Cocó-Noel visitou o Centro para recoller todas as cartas dos pequenos que logo, con caracter urxente, mandaría ó auténtico Papá Noel. Coma en anos anteriores, os nenos e nenas do Centro, sobre todo os de infantil, quedaron encantados de que Cocó-Noel os atendese e escoitase as súas peticións.
O día seguinte, foi o turno para as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, que o seren tres puideron falar máis detidamente cos cativos e darlles certas recomendacións que sería bo que seguisen... Os reis recolleron as cartas e repartiron caramelos a todos os asistentes así coma moita ilusión. (Podedes baixar as fotos deste blog)
FESTIVAL BENEFICO DE NADAL APA LOUREDA
¡Todo un éxito! Así poderíamos dar resposta ante a pregunta de ¿qué tal o festival?.
A Directiva e socios da APA Loureda están moi contentos pola resposta dos veciños ante a celebración deste Festival Benéfico. O que era un obradoiro de variedades para socios, converteuse nun acto altruísta onde o cheo foi total ata o punto de que o auditorio do Centro Social de Cabo, cedido polo Concello de Boiro para tal ocasión, quedouse pequeno para albergar a todos aqueles que quixeron asistir a ver o espectáculo a vez que aportaban fondos para a causa.
O traballo foi moi grande pero os resultados valeron a pena xa que nos fixemos con 723,17 euros entre a entrada (1€) a venta de rifas (a 1€) e donativos dos asistentes. (Podedes baixar as fotos deste blog)
MERCÁDELLO BENEFICO DE AXUDA A PAULA
Coma todos sabedes o día 3 de decembro levamos a cabo un mercádello benéfico para recadar fondos para a pequena Paula. a resposta foi moi positiva tanto na doazón de mercadoría coma na compra da mesma.
O resultado, 1300 euros recadados para a recuperación da Pequena Paula que foron ingresados na súa conta.
O sobrante do mercádello foi destinado en, primeiro intre, a repetición do mercádello por parte dos organizadores da campaña de recollida de fondos de Paula e en segundo intre, para Cáritas parroquial de Boiro. (Podedes baixar as fotos deste blog)
MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN
domingo, 4 de diciembre de 2011
La Voz de Galica
Os crucenses envórcanse na causa a favor de Paula

Onte celebrouse un mercadillo solidario na lonxa e a próxima semana haberá un festival para recadar fondos
A pesar de ser sábado, onte, a lonxa de Cabo de Cruz funcionou a pleno rendemento, aínda que nesta ocasión non se poxou marisco, senón que o bivalvo foi substituído no recinto por roupa, complementos, doces, xoguetes, libros e obxectos de todo tipo nunha iniciativa solidaria organizada pola APA Loureda do colexio do Castro. A pequena Paula, a nena de Boiro que naceu sen sacro e está a ser tratada en Alemaña, foi obxecto, unha vez máis, do acto benéfico, no que os veciños da localidade envorcáronse.
Durante toda a tarde produciuse un movemento continuo de persoas entrando e saíndo da lonxa, cedida para a ocasión pola confraría crucense.
Esta iniciativa solidaria terá continuidade a próxima semana cun festival que estará protagonizado por uns setenta escolares do colexio do Castro e no que colaborarán diferentes colectivos. As actuacións comezarán ás 18.00 horas no centro social de Cabo de Cruz e o prezo da entrada será de 1 euro. Ademais, venderanse rifas e recolleranse donativos.
viernes, 25 de noviembre de 2011
MERCADILLO DE AXUDA A PAULA
martes, 8 de noviembre de 2011
CONTACTO
Valiño, 51
15939 Cabo de Cruz – Castro
Boiro (A Coruña)
Teléfono: 981 84 65 55
Fax: 981 84 78 17
Email: apa.loureda@gmail.com
Email: loureda@cabodecruz.org



