domingo, 8 de noviembre de 2009



1. Poderán participar tódolos alumnos do C.E.I.P. SANTA Mª DO CASTRO.
2. O tema será: “CONFECCIÓN DUN BELÉN”.
3. Os traballos serán presentados en tamaño A4 mínimo e 1x1m. máximo, e poderá utilizarse calquera tipo de material e técnica. No caso de presentar murais o tamaño máximo será de 2x1m.
4. Os traballos serán presentados por aula, non aceptando traballos a nivel individual, e poderán presentarse un máximo de 2 traballos por aula.
5. Valorarase principalmente a creatividade, a expresión artística e o traballo en sí.
6. A data límite para a entrega será a mañá do día 16 de decembro, na conserxería do colexio.
7. Os premios do concurso serán segundo a seguintes categorías:
§ INFANTIL: 1 trofeo;
§ PRIMARIA: 1 trofeo;
O premio consistirá nun trofeo onde se gravará o curso, aula gañadora e ano. Como recoñecemento, os gañadores/as terán a posesión do trofeo ata o próximo concurso.
A entrega dos mesmos será o día 22 de decembro, no Festival de Nadal.
8. O xurado estará composto por membros da Xunta Directiva da A.P.A. do colexio, así como dalgúns pais de alumnos que queiran colaborar.
9. O xurado poderá resolver aquelas situacións non contempladas nas presentes bases, segundo o seu criterio.
10. A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases.
11. A A.P.A. poderá utilizar os traballos presentados para a súa exposición, publicación na páxina web ou a súa posterior edición en papel.


COMISIÓN DE CULTURA A.P.A. LOUREDA
Cabo de Cruz a 7 de novembro do 2009

GAÑADORES DO CONCURSO DO MAGOSTO

XA TEMOS AOS GAÑADORES DO CONCURSO DO MAGOSTO, PERO NON SE FARÁ PÚBLICO HASTA A ENTREGA DE PREMIOS NA CELEBRACIÓN DO COLEXIO.
Estimados pais e nais:

Pola presente comunicámoslles que as clases das actividades extraescolares comezarán no próximo mes de novembro sendo o horario das mesmas o seguinte:




Ante calquera dúbida ou suxerencia que teñan que facernos para o bo facer e benestar dos nenos/os indicarlles que estamos a súa disposición.

Atentamente, A XUNTA DIRECTIVA

Cabo de Cruz, 30 de outubro de 2009.



Si aínda non se fixeron socios, axuntamos ficha de inscrición.

sábado, 24 de octubre de 2009

BASES DO I CONCURSO DE DEBUXO "O MAGOSTO"


1. Poderán participar tódolos alumnos do C.EI.P. SANTA Mª DO CASTRO.
2. O tema dos debuxos será: “Qué é para min o magosto” e deberá ser orixinal e persoal.
3. Os debuxos serán presentados en tamaño folio ou A4, e poderá utilizarse calquera tipo de material, de pintura e de cor.
4. Os debuxos deberán levar escrito no reverso, o nome, apelidos, idade do alumno e curso ó que pertence.
5. Valorarase a creatividade, a expresión artística e a mensaxe.
6. A data límite para a entrega será o día 4 de novembro, na conserxería do colexio.
7. Os premios do concurso serán segundo a seguintes categorías:
§ INFANTIL: 1º e 2º premio;
§ PRIMARIA: un premio por ciclo;
e a entrega dos mesmos será o día da Celebración do Magosto.
8. O xurado estará composto por membros da Xunta Directiva da A.P.A. do colexio, así como dalgúns pais de alumnos do colexio que queiran colaborar.
9. O xurado poderá resolver aquelas situacións non contempladas nas presentes bases, segundo o seu criterio.
10. A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases.
11. A A.P.A. poderá utilizar os traballos presentados para a súa publicación na páxina web ou a súa posterior edición en papel.

COMISIÓN DE CULTURA A.P.A. LOUREDA
Cabo de Cruz a 23 de outubro do 2009

jueves, 15 de octubre de 2009

COTA A.P.A. CURSO 2009/2010

Estimados pais e nais:

Pola presente comunicámoslles que se atopa ó cobro a cota da A.P.A. correspondente ó curso escolar 2009/2010. Esta cota, co mesmo importe de 20€ que os últimos anos, poden abonala en efectivo na conserxería do colexio antes do vindeiro 15 de novembro.

Ao mesmo tempo, deberán entregar a ficha de socio que figura no baixo deste escrito, para poder ter unha relación efectiva dos pais socios da A.P.A. e dos alumnos beneficiarios (para os alumnos de preescolar, indicar claramente en que aula están: 3 anos, 4 anos ou 5 anos).

En folla aparte, remitímoslles información sobre as actividades extra escolares que se van levar a cabo este curso e que comezarán a primeira semana de novembro.

Na espera de poder facer unha A.P.A. forte e co apoio de todos, esperamos que tódalas familias se fagan socios e podamos botar unha man, no bo funcionamento do colexio dos nosos fillos.

Atentamente, A XUNTA DIRECTIVA

Cabo de Cruz, 15 de outubro de 2009.








"- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -


A.P.A. “LOUREDA” DO C.E.I.P. STA. Mª DO CASTRO
FICHA DE SOCIO

SOCIO/A_______________________ D.N.I.____________
CÓNXUX_______________________ D.N.I.____________
DOMICILIO________________ TELÉFONO____________
FILLOS ESCOLARIZADOS NO CENTRO:
1.-________________________ CURSO_________
2.-________________________ CURSO________
3.-_____________________ _ CURSO_________
4.-_______________________ CURSO_______




Sinatura do socio/a.

CURSO 2009/2010

Sres. Pais/Nais:

Pola presente informámoslles que na última Asemblea celebrada o mércores 7 de outubro, na que non se presentaron candidaturas para a elección dunha Xunta Directiva, abriuse unha lista aberta e voluntaria para todos aqueles país/nais que estarían dispostos a integrar a Directiva.
Como resultado, o mércores día 14, os anotados en dita lista acordaron constituír unha nova Xunta Directiva, que estará presidida por Pitusa Lomba Fernández.

Ante o retraso na constitución, acordouse na mesma reunión, envialos recibos a cobro que se manterán co mesmo importe de 20€ que os últimos anos, é ofertar as actividades extra escolares para este curso 2009-2010.

Debido que para case tódalas actividades ofertadas é necesario ter un número mínimo de alumnos, e coa intención de comezar na 1ª semana de novembro, é imprescindible cubrir a ficha/inscrición que vai ao pé deste escrito, antes do vindeiro xoves 22 de outubro.

Os SOCIOS da A.P.A. terán un desconto aproximado dun 35% en tódalas actividades excepto nas ofertadas polo concello. As actividades e os seus prezos dependerán do número de alumnos pero de modo orientativo, estes son:

Intentarase por as clases os martes, xoves ou venres por non ser as tardes lectivas.
As cotas deberán ser aboadas a primeira semana do mes.

DEPORTES CONCELLO (SÓ SE PAGARÁ A INSCRIPCIÓN):
BALONCESTO: martes e xoves 17:15-18:15 (20€ CURSO)
TENIS: mércores e venres 17:15-18:15 (20€ CURSO).

PARA CALQUERA DÚBIDA CONTACTE CONNOSCO: anpa@cabodecruz.org


ALUMNO:………………………………………………………... CURSO:…………………..
ACTIVIDADES: …………………………………………………….…...…………………......
…………………………………………………………………………….……………………..
NAI:………………………………………..…………………..TELÉFONO: …………………
PAI:…………………………………………………………….TELÉFONO: ………………...
PANDERETA PARA PAIS/NAIS: PAI (SI) (NON) NAI (SI) (NON)

ACTIVIDADES LEVADAS A CABO

¨ Escola de cociña para nenos-as;
¨ Clases de :
música;
pintura;
manualidades;
teatro;
informática;
patinaxe;
¨ Animación a lectura;
¨ Piscina;
¨ Cursos de:
seguridade vial;
escola de pai e nais;
¨ Colaborou en distintos traballos e exposicións que organizou o colexio, así como en distintos festivais de fin de curso, nadal e letras galegas.

miércoles, 14 de octubre de 2009

RESEÑA HISTÓRICA

Fundouse no ano 1.983 un cinco de novembro nas unitarias do porto. Formouse a comisión xestora cos seguintes membros:
Directora Dona Alicia Chedas Lorenzo
José Mª. Otero Vilasoa
Juan José Martín Rodríguez (falecido)
Valentín Segade Segade
Mª Isabel Rodríguez Viturro
Severino Abalo Blanco
Carlos Cortés Viturro
Ricardo Rodríguez Vilas
Salvador Silva Hermo
Mª. Del Carmen Vidal Silva
Luis Lojo Blanco

A primeira Xunta directiva na Asamblea Xeral do 28 de abril de 1.984 xa no colexio SANTA MARÍA DO CASTRO onde estamos hoxe, foi a seguinte:

Presidente: Juan José Martín Rodríguez (falecido)
Vicepresidente: José Mª. Otero Vilasoa
Secretario: Carlos Cortés Viturro
Vicesecretario: Valentín Segade Segade
Tesoreiro : Salvador Vidal Silva
Vicetesoreiro: José Benito Fernández Viturro
Vocais: Josefa Blanco Silva
Ramón Mariño Torrado
Enrique Vázquez Chouza
José Manuel Triñanes Sieira (falecido)
Manuel Mariño Vázquez (falecido)
Luis Lojo Blanco
Severino Abalo Blanco

No ano 1.996 fíxose unha reforma dos estatutos polos que básicamente nos reximos na atualidade, ainda que houbo que facer algunha modificación no 2.002 e 2004 para adecualos a novas normativas.

O 25 abril do 2009, celebrouse o 25º aniversario de centro ca plantación dunhas árbores, o descubrimento dunha placa conmemorativa e a celebración dun xantar.