sábado, 24 de octubre de 2009

BASES DO I CONCURSO DE DEBUXO "O MAGOSTO"


1. Poderán participar tódolos alumnos do C.EI.P. SANTA Mª DO CASTRO.
2. O tema dos debuxos será: “Qué é para min o magosto” e deberá ser orixinal e persoal.
3. Os debuxos serán presentados en tamaño folio ou A4, e poderá utilizarse calquera tipo de material, de pintura e de cor.
4. Os debuxos deberán levar escrito no reverso, o nome, apelidos, idade do alumno e curso ó que pertence.
5. Valorarase a creatividade, a expresión artística e a mensaxe.
6. A data límite para a entrega será o día 4 de novembro, na conserxería do colexio.
7. Os premios do concurso serán segundo a seguintes categorías:
§ INFANTIL: 1º e 2º premio;
§ PRIMARIA: un premio por ciclo;
e a entrega dos mesmos será o día da Celebración do Magosto.
8. O xurado estará composto por membros da Xunta Directiva da A.P.A. do colexio, así como dalgúns pais de alumnos do colexio que queiran colaborar.
9. O xurado poderá resolver aquelas situacións non contempladas nas presentes bases, segundo o seu criterio.
10. A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases.
11. A A.P.A. poderá utilizar os traballos presentados para a súa publicación na páxina web ou a súa posterior edición en papel.

COMISIÓN DE CULTURA A.P.A. LOUREDA
Cabo de Cruz a 23 de outubro do 2009

No hay comentarios:

Publicar un comentario