jueves, 15 de octubre de 2009

COTA A.P.A. CURSO 2009/2010

Estimados pais e nais:

Pola presente comunicámoslles que se atopa ó cobro a cota da A.P.A. correspondente ó curso escolar 2009/2010. Esta cota, co mesmo importe de 20€ que os últimos anos, poden abonala en efectivo na conserxería do colexio antes do vindeiro 15 de novembro.

Ao mesmo tempo, deberán entregar a ficha de socio que figura no baixo deste escrito, para poder ter unha relación efectiva dos pais socios da A.P.A. e dos alumnos beneficiarios (para os alumnos de preescolar, indicar claramente en que aula están: 3 anos, 4 anos ou 5 anos).

En folla aparte, remitímoslles información sobre as actividades extra escolares que se van levar a cabo este curso e que comezarán a primeira semana de novembro.

Na espera de poder facer unha A.P.A. forte e co apoio de todos, esperamos que tódalas familias se fagan socios e podamos botar unha man, no bo funcionamento do colexio dos nosos fillos.

Atentamente, A XUNTA DIRECTIVA

Cabo de Cruz, 15 de outubro de 2009.








"- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -


A.P.A. “LOUREDA” DO C.E.I.P. STA. Mª DO CASTRO
FICHA DE SOCIO

SOCIO/A_______________________ D.N.I.____________
CÓNXUX_______________________ D.N.I.____________
DOMICILIO________________ TELÉFONO____________
FILLOS ESCOLARIZADOS NO CENTRO:
1.-________________________ CURSO_________
2.-________________________ CURSO________
3.-_____________________ _ CURSO_________
4.-_______________________ CURSO_______




Sinatura do socio/a.

No hay comentarios:

Publicar un comentario