domingo, 8 de noviembre de 2009



1. Poderán participar tódolos alumnos do C.E.I.P. SANTA Mª DO CASTRO.
2. O tema será: “CONFECCIÓN DUN BELÉN”.
3. Os traballos serán presentados en tamaño A4 mínimo e 1x1m. máximo, e poderá utilizarse calquera tipo de material e técnica. No caso de presentar murais o tamaño máximo será de 2x1m.
4. Os traballos serán presentados por aula, non aceptando traballos a nivel individual, e poderán presentarse un máximo de 2 traballos por aula.
5. Valorarase principalmente a creatividade, a expresión artística e o traballo en sí.
6. A data límite para a entrega será a mañá do día 16 de decembro, na conserxería do colexio.
7. Os premios do concurso serán segundo a seguintes categorías:
§ INFANTIL: 1 trofeo;
§ PRIMARIA: 1 trofeo;
O premio consistirá nun trofeo onde se gravará o curso, aula gañadora e ano. Como recoñecemento, os gañadores/as terán a posesión do trofeo ata o próximo concurso.
A entrega dos mesmos será o día 22 de decembro, no Festival de Nadal.
8. O xurado estará composto por membros da Xunta Directiva da A.P.A. do colexio, así como dalgúns pais de alumnos que queiran colaborar.
9. O xurado poderá resolver aquelas situacións non contempladas nas presentes bases, segundo o seu criterio.
10. A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases.
11. A A.P.A. poderá utilizar os traballos presentados para a súa exposición, publicación na páxina web ou a súa posterior edición en papel.


COMISIÓN DE CULTURA A.P.A. LOUREDA
Cabo de Cruz a 7 de novembro do 2009

GAÑADORES DO CONCURSO DO MAGOSTO

XA TEMOS AOS GAÑADORES DO CONCURSO DO MAGOSTO, PERO NON SE FARÁ PÚBLICO HASTA A ENTREGA DE PREMIOS NA CELEBRACIÓN DO COLEXIO.
Estimados pais e nais:

Pola presente comunicámoslles que as clases das actividades extraescolares comezarán no próximo mes de novembro sendo o horario das mesmas o seguinte:




Ante calquera dúbida ou suxerencia que teñan que facernos para o bo facer e benestar dos nenos/os indicarlles que estamos a súa disposición.

Atentamente, A XUNTA DIRECTIVA

Cabo de Cruz, 30 de outubro de 2009.



Si aínda non se fixeron socios, axuntamos ficha de inscrición.