viernes, 31 de diciembre de 2010

FELIZ ANO 2011

A ASOCIACIÓN DE PAIS DO COLEXIO STA. MARÍA DO CASTRO DESÉXAVOS UN FELIZ ANO 2011.






XA SE ESTÁ CONVERTINDO EN TRADICIÓN, QUE A APA LOUREDA CONVIDE A PAIS E ALUMNOS O DÍA DO FETIVAL DE NADAL, A UN ANACO DE ROSCA DE REIS E BATIDOS DE CHOCOLATE.

ESTE ANO TAMÉN HOUBO CAFÉ QUENTIÑO E NON FALTOU O SORTEO DE DOUS LOTES DOADOS POR RIANXEIRA.

DESPOIS DE DISFRUTAR DAS FERMOSAS ACTUACIÓNS DOS ALUMNOS, E DE DEGUSTARLA ROSCA, OS REIS MAGOS DE ORIENTE VISITARON VALIÑO PARA RECOLLER AS ÚLTIMAS CARTAS E REGALAR UN PAQUETIÑO DE GOLOSIÑAS A CADA NENO. AO MESMO TEMPO A APA REPARTEU OS CALENDARIOS CAS FOTOS DE TODOS OS CURSOS.


lunes, 20 de diciembre de 2010

martes, 7 de diciembre de 2010

APARCAMENTO

O día 29 de novembro a APA tivo unha reunión ca Dirección do Centro e o Presidente da Asociación de Veciños a Unión, na cal se trataba, tras expoñer e informar do asunto, de acadar un consenso para levar a cabo a construcción dun aparcamento no exterior do Colexio STª Mª do Castro. Na reunión tomouse o acordo de levar a cabo a obra.

En primeira instancia, o aparcamento iría ubicado na costa do Centro, para aparcar en batería. Dita obra débese realizar corectamente para que non caea o muro do recinto e para que non se den corrementos de terra, entre outros. A obra non será inmediata, dado que se deben facer as delixencias oportunas (permisos,planos, etc) e obter as axudas económicas para poder levala a cabo.

O primeiro paso xa está dado. Vamos a polo segundo que "pouquiño a pouquiño faise o camiño".

miércoles, 3 de noviembre de 2010

II CERTAME A.P.A. LOUREDA: SAMAIN

Coma sabedes este mes celebrouse o Samaín no colexio STª Mª do Castro. A A.P.A. Loureda en colaboración có persoal e dirección do centro celebrou o II Certame APA Loureda. O ano pasado celebrouse un concurso de debuxos sobre o Magosto e este ano un concurso de Cabazas. Pois ben, os gañadores 2010 foron os seguintes:

Lucia Figueira (3 anos) Adriana Viturro (4 anos)
Manuel Vidal (5 anos) Iria Romero (1º ciclo)

Ainhoa Muñiz (2ºciclo) Ana Caeiro (3º ciclo)
Tania Vidal (mención especial)
A entrega dos premios terá lugar o día da celebración do Magosto que está previsto para o 5 de novembro se o tempo ó permite.
Podedes ollar as obras realizadas por tod@s @s participantes na porta do Colexio ata que estas queden inservibles.
OS NOSOS PARABENS A TODO@S @S ALUMN@S PARTICIPANTES DO II CERTAME A.P.A. LOUREDA

SODES OS MELLORES ESCULT@S DE CABAZAS






viernes, 10 de septiembre de 2010

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2010 - 2011

O COLEXIO STª Mª DO CASTRO TEN PREVISTO O SEGUINTE CALENDARIO PARA O CURSO 2010 - 2011.

PERIODO ESCOLAR: Do 10 de setembro do 2010 a0 22 de xuño do 2011.

HORARIO: Mañás de 09:00 a 13:30h. / Tardes: de 16:00 a 17:15h. (So luns e mércores)

VACACIÓNS: Nadal: do 23 de decembro do 2010 ao 7 de xaneiro do 2011 (inclusives)
Antroido: 7, 8 e 9 de marzo 2011.
Semana Santa: Do 18 ao 25 de abril 2011 (inclusives)

DÍAS NON LECTIVOS: Día do ensino: 7 de decembro
Solicitados á Delegación: 11 de outubro do 2010 e 16 de maio do 2011.

FESTIVOS: Día do traballo: 2 de maio 2011 (trasdadado do 1)
Día das letras galegas: 17 de maio 2011

CELEBRACIÓNS E EVENTOS. DATAS PREVISTAS:
. Almorzos saudables: 1ª semana de outubro.
. Magosto: 5 de novembro.
. Festival de Nadal: 22 de decembro.
. Semana cultural: do 9 ao 13 de maio.
. Avaliacións: 1ª: Do 13/15 de decembro.
2ª: Do 21/23 de marzo.
3ª: Do13/15 de xuño.

TITORIAS: Os mércoles de 17:15 a 18:15h.

miércoles, 8 de septiembre de 2010

COMENZO DO CURSO ESCOLAR 2010 - 2011

Un ano máis os nosos cativos volven as aulas, o día sinalado para tal fin é o 10 de setembro do 2010 as 09:00h.
A APA Loureda tamén empeza o curso escolar con proxectos que intentará levar a práctica sempre tendo presente o benestar e educación dos nosos fill@s. A previsión en canto os recursos económicos da asociación non é moi alentadora dado que as Administracións non conceden tantas axudas coma en anos anteriores pero intentarase facer todo o posible.
Como cada ano, novos alumnos integrarán a familia escolar do colexio STª Mª do Castro, a todos eles benvidos e os seus pais animámolos a que se fagan socios da APA Loureda, que participen e colaboren e incluso que formen parte da súa directiva, dado que, coma xa informamos na Asamblea Xeral de Socios, este ano temos duas baixas dado que os fillos destes directivos acabaron os seus estudios no centro STª Mª do Castro.
Dende a Directiva da APA Loureda desexámovos un bo curso 2010-2011 a toda a Comunidade Escolar e recordade que estamos a vosa disposición para calquera suxerencia.

domingo, 25 de julio de 2010

COMENZOU A REPARACIÓN DO PAVILLÓN

A samana pasada estiveron retirando o tellado vello que destrozou o temporal. Sen dúbida estas son boas novas, pois como prometera a Consellería, a reparación farase efectiva durante o verán para estar listo antes do comenzo do novo curso académico, 2010-2011.
Polo tanto, cruzamos os dedos para que o pavillón esté listo para o 9 de septembro, data de comenzo do curso.

jueves, 27 de mayo de 2010

III ROMARÍA DE SOCIOS APA LOUREDA

Pola presente informámoslles que o SÁBADO, 19 DE XUÑO DO 2010 na área recreativa de SAN RAMÓN DE BEALO, terá lugar a festa dos socios: “III Romaría de Socios APA Loureda”.

Poderán asistir a romaría os socios, os fillos de socios matriculados durante este curso 2009-2010 no colexio STª Mª do Castro e os parentes en primeiro grado (pais e fillos; ou sexa, os irmáns e avós dos nenos matriculados no centro que sexan socios).
Todos os que queirades asistir a romaría debédevos de inscribir na conserxería do colexio antes do 16 de xuño do 2010.

Así mesmo desde a directiva da APA acordouse o seguinte:
· Que os nenos socios terán subvencionado pola APA o cento por cento do importe do menú; ou sexa, será gratis para os nenos socios, os cales deben inscribirse e retirar o seu bono comida. Os bonos dos nenos deben ser retirados por un adulto.
· Que dous familiares directos dos nenos socios (sexan pai e nai ou nai e irmá, dous avós, etc.) terán subvencionado 5€ do custo total do menú, tendo que aboar eles o resto do importe (11€)
· Os demais familiares, en primeiro grado, dos socios que queiran asistir á Romaría, poden gozar e participar do programa elaborado e teñen a opción a reservar o menú pero sufragando o cento por cento do mesmo (16€).

· En calquera dos casos, no momento da reserva do menú, deben facelo efectivo e entregaráselles o bono comida que será trocado o día da romaría.
Ante a perda do bono comida a APA non se fai responsable e non se repartirá o menú a aquelas persoas que non entreguen o bono. “Gardádeo ben”.

· O custo do menú é de 16€ por persoa, ven pratado e inclúe:
Ración de: .. empanada de atún
.. tortilla española
.. churrasco de porco
.. pan e bebidas (auga, refrescos e viño)
.. Prostre (flan)
.. café e chupito (só adultos)
.. inclúense cubertos, vaso e servilleta.

· Todos aqueles socios que non queiran menú, poden levar a comida da casa, pero en todo caso, deben inscribirse igualmente por mor da organización das actividades programadas para ese día.

Os que non sodes socios se queredes asistir a festa, só tendes que facervos socios pagando a cota de 20€ anuais na conserxería do colexio.

Ante calquera dúbida ou suxerencia que teñan que facernos para o bo facer e benestar d@s nen@s indicarlles que estamos a súa disposición.
Atentamente, A XUNTA DIRECTIVACabo de Cruz, 27 de maio do 2010

CONVOCATORIA II ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS

Pola presente convócase a tódolos socios/as da A.P.A. a segunda ASEMBLEA XERAL ORDINARIA do curso 2009-2010, que se celebrará o vindeiro mércores, día nove de xuño, ás 19:15 horas en primeira convocatoria e as 19:30 horas en segunda convocatoria na Biblioteca do Colexio, coa seguinte orde do día.

1. Aprobación da acta anterior
2. Informes da Presidenta:
Ø Contabilidade ingresos e gastos ata o momento
Ø Subvencións tramitadas.
Ø Actividade cultural levada a cabo e por rematar (III romaría)
Ø Partes de incidencias tramitados
Ø Informe do pavillón
3. Rogos e preguntas.


Valiño, 27.de maio do 2010

A xunta directiva

miércoles, 19 de mayo de 2010

OBRADOIRO DE PAN







A mañá do sábado 15 de maio, tivo lugar o obradoiro de pan, enmarcado dentro do Programa Multiobradoiros da APA Loureda para os meses de abril, maio e xuño.
Debido o número tan alto de participantes a monitora, Pitusa Lomba, tivo que organizar dous obradoiros: no 1º turno participaron os nenos de 2º a 6º de primaria (Laura, Clara, Lara P, Lara O., Jisela, Paula, Carlota, María, Salome, Tamara e Marta). Mentres que o 2º turno foi para os peque de educación infantil e 1º de primaria de 3 a 6 anos (Pablo, Asier, Carlos, Pedro, Claudia, Estela, Xiana, Sara y Alicia). Os cativos elaboraron o pan de forma artesanal. Tras amasar os ingredientes déronlle a forma que eles mesmos elixiron (bolas, barras, bolas, cuscos…) e logo trasladáronse a Panadería Lomba onde foron recibidos por Matilde e Manolo Caranes, xerentes da empresa, os cales lle mostraron como se enfornaba o pan. Mestres o pan se cocía, os rapaces recibiron “insitu” unha explicación teórica- práctica de cómo se fabricaba o pan. Unha das cousas que máis lle chamou a atención, sobre todo, aos máis pequenos, foi ver como funcionaba a amasadora.
Unha vez rematada a charla e xa co pan cocido non quedou máis que fincarlle o dente.

jueves, 6 de mayo de 2010

MULTIOBRADOIROS / LETRAS GALEGAS


A APA Loureda está a impartir a programación cultural prevista para os meses de maio e abril.

O xoves 22 de maio tivo lugar o obradoiro de cerámica onde @s nen@s poideron reproducir obxectos de cerámica castrexa e decorativos actuais.

Para o sábado 15 de maio está previsto que se leve a cabo o obradoiro de pan, onde @s cativ@s elaborarán pan artesanal e poderán visitar in situ unha panadería onde ollarán como se leva a cabo a fabricación do pan. Dado o alto número de participantes neste obradoiro, establecéronse dos turnos/obradoiros: o primeiro de 10:30 a 12:30h. e o segundo de 12:00 a 13:30h.

En canto a celebración da semana cultural das Letras Galegas que está a organizar a dirección e equipo de profesores do colexio STª Mª, a APA Loureda quixo poñer o seu gran de area sufragando a actuación do grupo de musica tradicional Arume; asimesmo pon a disposición a actuación dos grupos de pandereteiras e de teatro da APA.

A programación da semana cultural das letra s galegas podenna ollar na web do colexio.

martes, 23 de marzo de 2010

PAVILLÓN DO C. STª Mª DO CASTRO

A directiva APA Loureda quere informar e deixar constancia de que a partires do día 15 de xaneiro estivo en contacto cas autoridades e entidades pertinentes para tratar o tema do arranxo do Pavillón, así coma para recoller o escombros do recinto escolar do Centro STª Mª do Castro.
Tras os danos que ocasionou o temporal do día 14 de xaneiro no pavillón do Centro, a APA Loureda estivo en contacto cas autoridades pertinentes, sendo informada en todo momento dos pasos e trámites que se ían facendo. Tendo en conta que todo proceso e papelexo leva o seu tempo, e unha vez que se lle notificou a APA que o pavillón ía ser arranxado en breve, estimouse que se daría un tempo prudencial para acadar un consenso e levar a cabo o arranxo do pavillón.
Na Asemblea Xeral de socios que tivo lugar o 10 de marzo do presente, informouse aos socios do acontecido, tramites, tempos de espera, reivindicacións, etc. e tras o informe acordouse pedir unha serie de condición a hora de levar a cabo a obra do pavillón, condicións que foron transmitidas de forma verbal as persoas pertinentes e por escrito deixando constancia delas no rexistro municipal de Boiro:
1º.- Que se de a garantía de que para o próximo curso escolar 2010-2011 o pavillón estará arranxado e en perfecto estado de uso;
2º.- Que se lle amosen as obras a realizar a APA antes do comezo das mesmas, por si se dese o caso de facer correccións.
3º.- Que se garante que o pavillón quedará en perfectas condicións de aislamento, acondicionamento, etc.; tanto da cuberta, coma da pista, paredes, etc.; é dicir, de uso.
4º.- Que unha vez por todas, se especifique e quede claro a titularidade do inmoble informando a Dirección do Centro e a APA da resolución.
5º.- Unha vez especificada a titularidade, que a Entidade pertinente, faga os correspondentes seguros do inmoble.
A APA Loureda seguirá co control e seguimento da obra do pavillón tomando as medidas oportunas que sexan necesarias si así acontecese.

lunes, 22 de marzo de 2010

MULTIOBRADOIROS

Estimados pais e nais:

Pola presente comunicámoslles que están abertas as listas para apuntarse no programa “multiobradoiros” que a APA ten programado para os meses de abril e maio. Dada a porcentaxe de nenos do colexio propóñense varios días para impartir o mesmo obradoiro. Unha vez feitos os grupos homoxéneos comunicarase o día que lles toca. Se non se xunta un grupo mínimo os obradoiros quedarán suspendidos; de igual maneira que se a demanda é moi grande, admitiranse por orde de inscrición.

Asúmesmo adiantámoslles que para o mes de xuño faremos unha festa sorpresa pero so para socios. Máis adiante enviarémoslles a programación detallada.

Titulo: “Cerámica Castrexa”,
Programa: confección de utensilios de uso común
Temporalidade: Xoves 15 de abril : 1º grupo de 16:00 a 17:15h. / 2º grupo de 17:15 a 18:30
Xoves 22 de abril: 1º grupo de 16:00 a 17:15h. / 2º grupo de 17:15 a 18:30
Destinatarios: Nenos socios e non socios
Socios gratuíto / non socios 5 € obradoiro (deben ser aboados no momento da inscrición)
LUGAR DE INSCRICIÓN: Conserxería do Colexio. Ultimo día de inscrición 8/04/2010

Titulo: “Obradoiro de pan ”,
Programa: Elaboración de pan artesanal
Temporalidade: Xoves 6 de maio: 1º grupo de 16:00 a 17:15h. / 2º grupo de 17:15 a 18:30h.
Xoves 13 de maio: 1º grupo de 16:00 a 17:15h. / 2º grupo de 17:15 a 18:30h.
Destinatarios: Nenos socios e non socios
Socios gratuíto / non socios 5 € obradoiro (deben ser aboados no momento da inscrición)
LUGAR DE INSCRICIÓN: Conserxería do Colexio. Ultimo día de inscrición 29/04/2010

Titulo: “Astronomía: as estrelas”,
Programa: conferencia e saída nocturna
Temporalidade: Mes de xuño. Por determinar data concreta
Destinatarios: Nenos e familiares socios e non socios
Socios gratuíto / non socios 1 € por persoa
LUGAR DE INSCRICIÓN: Conserxería do Colexio. Ultimo día de inscrición 10/06/2010
Nota: na saída nocturna os menores deben vir acompañados por un adulto ou traer unha autorización dos pais ou titores.
· Festa fin de curso

Titulo: “Festa sorpresa”
Programa: Variado
Temporalidade: 19 de xuño do 2010 (Data orientativa. Será confirmada máis adiante
ca programación detallada)
Destinatarios: Nenos e familiares socios da APA
LUGAR DE INSCRICIÓN: Conserxería do Colexio. Ultimo día de inscrición 10/06/2010

Aproveitamos para comunicarlle que si aínda non son socios da APA o prazo para tal fin segue aberto; so teñen que comunicalo na conserxería do Centro e facer efectivo o pago de 20€ (anual) pasando a recoller o seu carne de socio uns días despois.

Ante calquera dúbida ou suxerencia que teñan que facernos para o bo facer e benestar dos nenos/os indicarlles que estamos a súa disposición.
Atentamente, A XUNTA DIRECTIVA

martes, 16 de marzo de 2010

FONDOS BIBLIOGRÁFICOS


Con motivo da subvención concedida pola Deputación da Coruña para o programa de "resolución de conflictos" a APA mercou un pequeno lote de libros que versan sobre o tema, os cales pasaran aos fondos da biblioteca do colexio STª Mª do Castro estando a disposións das persoas interesadas.

lunes, 15 de marzo de 2010

PERCORRIDO DO BUS ESCOLAR

Qué dende a entrada en vigor da reordenación do tráfico en Bandeorrío, chegaron numerosas queixas de pais/nais ata a APA, con respecto a circulación por dirección prohibida do bus escolar no que van os seus fillos, o cal, ademais de incorrer nun delito de tráfico, supón un risco para os cativos que diariamente utilizan o transporte escolar. Por este motivo, a APA dicideu solucionar o problema falando cas entidades e persoas implicadas. O respecto suxíreuse unha fácil alternativa, como é a de facer ese percorrido en sentido contrario, ao igual que fai o bus cando se trata de levar aos cativos ás súas casas. O cambio só supón un percorrido maior de 150 metros por un tramo sen tráfico e que polo tanto, non delongaría en case nada o tempo do recorrido do bus escolar.
O percorrido suxerido foi aceptado pola Dirección do centro e posto en coñecemento do xerente do transporte escolar. A partires desta semana farase este novo percorrido.

sábado, 13 de febrero de 2010

PASARÚAS E BAILE DE DISFRACES

Unha vez finalizada a actuación do mago Martyn, os nenos fixeron o xa tradicional desfile polas rúas de Cabo de Cruz. Xa no colexio, houbo unha degustación de dulces típicos do antroido e de chocolate quentiño para recuperar forzas do paseo e pasar a interpretan os bailes das películas musicáis que representaban os seus disfraces.


O MAGO MARTTYN ENTUSIASMOU A OS NEN@S

Unha hora de maxia, de sorpresas e bocas abertas. O mago Martyn sorprendeu cun gran espectáculo de maxia da boa. Pideu a colaboración de nenos e maiores que no mesmo escenario observaron incrédulos como os billetes cambiaban de color, ou mesmo coma facía levitar unha mesa. A aposta da APA por esta actuación foi un éxito que gustou a nenos e pais.

jueves, 11 de febrero de 2010

ASAMBLEA XERAL SOCIOS

A APA Loureda do colexio STª Mª do Castro convoca a tódolos socios/as a unha asamblea xeral ordinaria que se celebrará o vindeiro tres de marzo do presente (03/03/2010) as 19:15 h. na biblioteca do colexio. A orden do día tocará entre outros temas: presentación da nova directiva, informes e xestión realizadas, tema do pavillón do colexio, estado de contas, etc.
Rógase que asistan tódolos socios dado que as decisións a tomar son de interese para todos e sobre todo para os nosos cativos.

miércoles, 10 de febrero de 2010

viernes, 5 de febrero de 2010

OS ALUMNOS SORTEAN UN LOTE DO ANTROIDO

O ALUMNADO DO CEIP SANTA MARÍA DO CASTRO SORTEA UN LOTE DE PRODUCTOS PARA AXUDA DA VIAXE DE FIN DE CURSO.

¡COLABOREMOS CON ELES!

martes, 2 de febrero de 2010

OBRADOIRO DE RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS

Con motivo da subvención concedida pola Diputación da Coruña para o ano 2009, leváronse a cabo certas actividades dentro do programa "Resolución de conflictos".
O dia 28 de xaneiro do 2010 tivo lugar unha sesión de conta contos a cargo de Mª Rosario Pita Vallares onde, de forma divertida, os rapaces aprenderon a resolver os seus conflictos de maneira pacífica e civilizada

lunes, 1 de febrero de 2010

ANTROIDO 2010

ORGANIZAN E COLABORAN:
APA LOUREDA - COLEXIO STª Mª DO CASTRO - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

PROGRAMA ANTROIDO 2010

De 09:00 a 09:30 h.
Agrupación dos nenos nas aulas.

De 09:30 a 10:30h.
Actuación do Mago Martyn.

De 10:30 a 12:30 h.
Desfile ata Cabo de Cruz.
(Si chove o desfile levarase a cabo no centro).

De 12:30 a 13:30h.
Chocolatada e baile de disfraces


TODOS OS FAMILIARES DOS CATIVOS ESTADES CONVIDADOS. VESTIDE O DISTRAZ QUE MAIS VOS GUSTE E PARTICIPADE.

sábado, 23 de enero de 2010

Festival Nadal no Colexio STª Mª do Castro

As vésperas das vacación de Nadal celebráronse no colexio diversas actividades onde toda a gran familia que une o C. STª Mª do Castro, de unha maneira ou outra, puxeron o seu gran de area. Claro está, que é de destacar, a labor do persoal do centro: profesorado e conserxería, xa que sen a súa participación tan activa este evento non se podería levar a cabo. E como non, os principais protagonistas, os nenos e nenas, que co seu esforzo fan que os familiares e amigos pasemos un rato moi divertido cas súas aptitudes escénicas e interpretativas.
A tarde do luns 21 de decembro,chegou o centro o noso entrañable e particular Papá Noel, que ca súa simpatía recolleu todas as peticións e ilusións dos cativos e ¡non tan cativos! Para que o día 25, Nadal, fose un día especial.
O martes 22 de decembro, foi o día forte da celebración, dado que o programa previsto foi variado:
. Actuacións dos cativos en distintas modalidades: baile, canto, humor....
. Degustación tradicional: a APA “Loureda” convidou a unha degustación do roscón de reis e chocolate a todos os presentes.
. Sorteo navideño entre os presentes.
. Recepción cas súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, que unha a unha recolleron todas
as cartas, peticións e ilusións de todos os presentes que se acercaron a eles.
. entrega de agasallos da APA Loureda a todos os nenos/as do Colexio STª Mª do Castro.

FOTO DOS GAÑADORES DO I CONCURSO DO MAGOSTO

INFANTIL 3 ANOS: CARLOS TORRADO LOMBA
INFANTIL 4 ANOS: ANGEL VIDAL AGRELO
INFANTIL 5 ANOS: JENNIFER DÍAZ MUÑIZ
PRIMEIRO CICLO: LAURA FIGUEIRA CORDIDO
SEGUNDO CICLO: ADRIANA DIÉGUEZ FERNÁNDEZ
TERCEIRO CICLO: SARA OUTEIRAL TUBÍO
MENCIÓN ESPECIAL: ANTÍA VIDAL SILVA

viernes, 22 de enero de 2010