sábado, 23 de enero de 2010

Festival Nadal no Colexio STª Mª do Castro

As vésperas das vacación de Nadal celebráronse no colexio diversas actividades onde toda a gran familia que une o C. STª Mª do Castro, de unha maneira ou outra, puxeron o seu gran de area. Claro está, que é de destacar, a labor do persoal do centro: profesorado e conserxería, xa que sen a súa participación tan activa este evento non se podería levar a cabo. E como non, os principais protagonistas, os nenos e nenas, que co seu esforzo fan que os familiares e amigos pasemos un rato moi divertido cas súas aptitudes escénicas e interpretativas.
A tarde do luns 21 de decembro,chegou o centro o noso entrañable e particular Papá Noel, que ca súa simpatía recolleu todas as peticións e ilusións dos cativos e ¡non tan cativos! Para que o día 25, Nadal, fose un día especial.
O martes 22 de decembro, foi o día forte da celebración, dado que o programa previsto foi variado:
. Actuacións dos cativos en distintas modalidades: baile, canto, humor....
. Degustación tradicional: a APA “Loureda” convidou a unha degustación do roscón de reis e chocolate a todos os presentes.
. Sorteo navideño entre os presentes.
. Recepción cas súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, que unha a unha recolleron todas
as cartas, peticións e ilusións de todos os presentes que se acercaron a eles.
. entrega de agasallos da APA Loureda a todos os nenos/as do Colexio STª Mª do Castro.

FOTO DOS GAÑADORES DO I CONCURSO DO MAGOSTO

INFANTIL 3 ANOS: CARLOS TORRADO LOMBA
INFANTIL 4 ANOS: ANGEL VIDAL AGRELO
INFANTIL 5 ANOS: JENNIFER DÍAZ MUÑIZ
PRIMEIRO CICLO: LAURA FIGUEIRA CORDIDO
SEGUNDO CICLO: ADRIANA DIÉGUEZ FERNÁNDEZ
TERCEIRO CICLO: SARA OUTEIRAL TUBÍO
MENCIÓN ESPECIAL: ANTÍA VIDAL SILVA

viernes, 22 de enero de 2010