martes, 23 de marzo de 2010

PAVILLÓN DO C. STª Mª DO CASTRO

A directiva APA Loureda quere informar e deixar constancia de que a partires do día 15 de xaneiro estivo en contacto cas autoridades e entidades pertinentes para tratar o tema do arranxo do Pavillón, así coma para recoller o escombros do recinto escolar do Centro STª Mª do Castro.
Tras os danos que ocasionou o temporal do día 14 de xaneiro no pavillón do Centro, a APA Loureda estivo en contacto cas autoridades pertinentes, sendo informada en todo momento dos pasos e trámites que se ían facendo. Tendo en conta que todo proceso e papelexo leva o seu tempo, e unha vez que se lle notificou a APA que o pavillón ía ser arranxado en breve, estimouse que se daría un tempo prudencial para acadar un consenso e levar a cabo o arranxo do pavillón.
Na Asemblea Xeral de socios que tivo lugar o 10 de marzo do presente, informouse aos socios do acontecido, tramites, tempos de espera, reivindicacións, etc. e tras o informe acordouse pedir unha serie de condición a hora de levar a cabo a obra do pavillón, condicións que foron transmitidas de forma verbal as persoas pertinentes e por escrito deixando constancia delas no rexistro municipal de Boiro:
1º.- Que se de a garantía de que para o próximo curso escolar 2010-2011 o pavillón estará arranxado e en perfecto estado de uso;
2º.- Que se lle amosen as obras a realizar a APA antes do comezo das mesmas, por si se dese o caso de facer correccións.
3º.- Que se garante que o pavillón quedará en perfectas condicións de aislamento, acondicionamento, etc.; tanto da cuberta, coma da pista, paredes, etc.; é dicir, de uso.
4º.- Que unha vez por todas, se especifique e quede claro a titularidade do inmoble informando a Dirección do Centro e a APA da resolución.
5º.- Unha vez especificada a titularidade, que a Entidade pertinente, faga os correspondentes seguros do inmoble.
A APA Loureda seguirá co control e seguimento da obra do pavillón tomando as medidas oportunas que sexan necesarias si así acontecese.

lunes, 22 de marzo de 2010

MULTIOBRADOIROS

Estimados pais e nais:

Pola presente comunicámoslles que están abertas as listas para apuntarse no programa “multiobradoiros” que a APA ten programado para os meses de abril e maio. Dada a porcentaxe de nenos do colexio propóñense varios días para impartir o mesmo obradoiro. Unha vez feitos os grupos homoxéneos comunicarase o día que lles toca. Se non se xunta un grupo mínimo os obradoiros quedarán suspendidos; de igual maneira que se a demanda é moi grande, admitiranse por orde de inscrición.

Asúmesmo adiantámoslles que para o mes de xuño faremos unha festa sorpresa pero so para socios. Máis adiante enviarémoslles a programación detallada.

Titulo: “Cerámica Castrexa”,
Programa: confección de utensilios de uso común
Temporalidade: Xoves 15 de abril : 1º grupo de 16:00 a 17:15h. / 2º grupo de 17:15 a 18:30
Xoves 22 de abril: 1º grupo de 16:00 a 17:15h. / 2º grupo de 17:15 a 18:30
Destinatarios: Nenos socios e non socios
Socios gratuíto / non socios 5 € obradoiro (deben ser aboados no momento da inscrición)
LUGAR DE INSCRICIÓN: Conserxería do Colexio. Ultimo día de inscrición 8/04/2010

Titulo: “Obradoiro de pan ”,
Programa: Elaboración de pan artesanal
Temporalidade: Xoves 6 de maio: 1º grupo de 16:00 a 17:15h. / 2º grupo de 17:15 a 18:30h.
Xoves 13 de maio: 1º grupo de 16:00 a 17:15h. / 2º grupo de 17:15 a 18:30h.
Destinatarios: Nenos socios e non socios
Socios gratuíto / non socios 5 € obradoiro (deben ser aboados no momento da inscrición)
LUGAR DE INSCRICIÓN: Conserxería do Colexio. Ultimo día de inscrición 29/04/2010

Titulo: “Astronomía: as estrelas”,
Programa: conferencia e saída nocturna
Temporalidade: Mes de xuño. Por determinar data concreta
Destinatarios: Nenos e familiares socios e non socios
Socios gratuíto / non socios 1 € por persoa
LUGAR DE INSCRICIÓN: Conserxería do Colexio. Ultimo día de inscrición 10/06/2010
Nota: na saída nocturna os menores deben vir acompañados por un adulto ou traer unha autorización dos pais ou titores.
· Festa fin de curso

Titulo: “Festa sorpresa”
Programa: Variado
Temporalidade: 19 de xuño do 2010 (Data orientativa. Será confirmada máis adiante
ca programación detallada)
Destinatarios: Nenos e familiares socios da APA
LUGAR DE INSCRICIÓN: Conserxería do Colexio. Ultimo día de inscrición 10/06/2010

Aproveitamos para comunicarlle que si aínda non son socios da APA o prazo para tal fin segue aberto; so teñen que comunicalo na conserxería do Centro e facer efectivo o pago de 20€ (anual) pasando a recoller o seu carne de socio uns días despois.

Ante calquera dúbida ou suxerencia que teñan que facernos para o bo facer e benestar dos nenos/os indicarlles que estamos a súa disposición.
Atentamente, A XUNTA DIRECTIVA

martes, 16 de marzo de 2010

FONDOS BIBLIOGRÁFICOS


Con motivo da subvención concedida pola Deputación da Coruña para o programa de "resolución de conflictos" a APA mercou un pequeno lote de libros que versan sobre o tema, os cales pasaran aos fondos da biblioteca do colexio STª Mª do Castro estando a disposións das persoas interesadas.

lunes, 15 de marzo de 2010

PERCORRIDO DO BUS ESCOLAR

Qué dende a entrada en vigor da reordenación do tráfico en Bandeorrío, chegaron numerosas queixas de pais/nais ata a APA, con respecto a circulación por dirección prohibida do bus escolar no que van os seus fillos, o cal, ademais de incorrer nun delito de tráfico, supón un risco para os cativos que diariamente utilizan o transporte escolar. Por este motivo, a APA dicideu solucionar o problema falando cas entidades e persoas implicadas. O respecto suxíreuse unha fácil alternativa, como é a de facer ese percorrido en sentido contrario, ao igual que fai o bus cando se trata de levar aos cativos ás súas casas. O cambio só supón un percorrido maior de 150 metros por un tramo sen tráfico e que polo tanto, non delongaría en case nada o tempo do recorrido do bus escolar.
O percorrido suxerido foi aceptado pola Dirección do centro e posto en coñecemento do xerente do transporte escolar. A partires desta semana farase este novo percorrido.