martes, 23 de marzo de 2010

PAVILLÓN DO C. STª Mª DO CASTRO

A directiva APA Loureda quere informar e deixar constancia de que a partires do día 15 de xaneiro estivo en contacto cas autoridades e entidades pertinentes para tratar o tema do arranxo do Pavillón, así coma para recoller o escombros do recinto escolar do Centro STª Mª do Castro.
Tras os danos que ocasionou o temporal do día 14 de xaneiro no pavillón do Centro, a APA Loureda estivo en contacto cas autoridades pertinentes, sendo informada en todo momento dos pasos e trámites que se ían facendo. Tendo en conta que todo proceso e papelexo leva o seu tempo, e unha vez que se lle notificou a APA que o pavillón ía ser arranxado en breve, estimouse que se daría un tempo prudencial para acadar un consenso e levar a cabo o arranxo do pavillón.
Na Asemblea Xeral de socios que tivo lugar o 10 de marzo do presente, informouse aos socios do acontecido, tramites, tempos de espera, reivindicacións, etc. e tras o informe acordouse pedir unha serie de condición a hora de levar a cabo a obra do pavillón, condicións que foron transmitidas de forma verbal as persoas pertinentes e por escrito deixando constancia delas no rexistro municipal de Boiro:
1º.- Que se de a garantía de que para o próximo curso escolar 2010-2011 o pavillón estará arranxado e en perfecto estado de uso;
2º.- Que se lle amosen as obras a realizar a APA antes do comezo das mesmas, por si se dese o caso de facer correccións.
3º.- Que se garante que o pavillón quedará en perfectas condicións de aislamento, acondicionamento, etc.; tanto da cuberta, coma da pista, paredes, etc.; é dicir, de uso.
4º.- Que unha vez por todas, se especifique e quede claro a titularidade do inmoble informando a Dirección do Centro e a APA da resolución.
5º.- Unha vez especificada a titularidade, que a Entidade pertinente, faga os correspondentes seguros do inmoble.
A APA Loureda seguirá co control e seguimento da obra do pavillón tomando as medidas oportunas que sexan necesarias si así acontecese.

1 comentario:

  1. Noraboa polo traballo que estades a facer, todos sabemos que é díficil levar a cabo todo o que se quer, pero seguide así que de seguro que o conseguides.
    Ánimo e sorte na vosa andaina que polo que vexo comenzou con forza.

    ResponderEliminar