jueves, 27 de mayo de 2010

III ROMARÍA DE SOCIOS APA LOUREDA

Pola presente informámoslles que o SÁBADO, 19 DE XUÑO DO 2010 na área recreativa de SAN RAMÓN DE BEALO, terá lugar a festa dos socios: “III Romaría de Socios APA Loureda”.

Poderán asistir a romaría os socios, os fillos de socios matriculados durante este curso 2009-2010 no colexio STª Mª do Castro e os parentes en primeiro grado (pais e fillos; ou sexa, os irmáns e avós dos nenos matriculados no centro que sexan socios).
Todos os que queirades asistir a romaría debédevos de inscribir na conserxería do colexio antes do 16 de xuño do 2010.

Así mesmo desde a directiva da APA acordouse o seguinte:
· Que os nenos socios terán subvencionado pola APA o cento por cento do importe do menú; ou sexa, será gratis para os nenos socios, os cales deben inscribirse e retirar o seu bono comida. Os bonos dos nenos deben ser retirados por un adulto.
· Que dous familiares directos dos nenos socios (sexan pai e nai ou nai e irmá, dous avós, etc.) terán subvencionado 5€ do custo total do menú, tendo que aboar eles o resto do importe (11€)
· Os demais familiares, en primeiro grado, dos socios que queiran asistir á Romaría, poden gozar e participar do programa elaborado e teñen a opción a reservar o menú pero sufragando o cento por cento do mesmo (16€).

· En calquera dos casos, no momento da reserva do menú, deben facelo efectivo e entregaráselles o bono comida que será trocado o día da romaría.
Ante a perda do bono comida a APA non se fai responsable e non se repartirá o menú a aquelas persoas que non entreguen o bono. “Gardádeo ben”.

· O custo do menú é de 16€ por persoa, ven pratado e inclúe:
Ración de: .. empanada de atún
.. tortilla española
.. churrasco de porco
.. pan e bebidas (auga, refrescos e viño)
.. Prostre (flan)
.. café e chupito (só adultos)
.. inclúense cubertos, vaso e servilleta.

· Todos aqueles socios que non queiran menú, poden levar a comida da casa, pero en todo caso, deben inscribirse igualmente por mor da organización das actividades programadas para ese día.

Os que non sodes socios se queredes asistir a festa, só tendes que facervos socios pagando a cota de 20€ anuais na conserxería do colexio.

Ante calquera dúbida ou suxerencia que teñan que facernos para o bo facer e benestar d@s nen@s indicarlles que estamos a súa disposición.
Atentamente, A XUNTA DIRECTIVACabo de Cruz, 27 de maio do 2010

CONVOCATORIA II ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS

Pola presente convócase a tódolos socios/as da A.P.A. a segunda ASEMBLEA XERAL ORDINARIA do curso 2009-2010, que se celebrará o vindeiro mércores, día nove de xuño, ás 19:15 horas en primeira convocatoria e as 19:30 horas en segunda convocatoria na Biblioteca do Colexio, coa seguinte orde do día.

1. Aprobación da acta anterior
2. Informes da Presidenta:
Ø Contabilidade ingresos e gastos ata o momento
Ø Subvencións tramitadas.
Ø Actividade cultural levada a cabo e por rematar (III romaría)
Ø Partes de incidencias tramitados
Ø Informe do pavillón
3. Rogos e preguntas.


Valiño, 27.de maio do 2010

A xunta directiva

miércoles, 19 de mayo de 2010

OBRADOIRO DE PAN







A mañá do sábado 15 de maio, tivo lugar o obradoiro de pan, enmarcado dentro do Programa Multiobradoiros da APA Loureda para os meses de abril, maio e xuño.
Debido o número tan alto de participantes a monitora, Pitusa Lomba, tivo que organizar dous obradoiros: no 1º turno participaron os nenos de 2º a 6º de primaria (Laura, Clara, Lara P, Lara O., Jisela, Paula, Carlota, María, Salome, Tamara e Marta). Mentres que o 2º turno foi para os peque de educación infantil e 1º de primaria de 3 a 6 anos (Pablo, Asier, Carlos, Pedro, Claudia, Estela, Xiana, Sara y Alicia). Os cativos elaboraron o pan de forma artesanal. Tras amasar os ingredientes déronlle a forma que eles mesmos elixiron (bolas, barras, bolas, cuscos…) e logo trasladáronse a Panadería Lomba onde foron recibidos por Matilde e Manolo Caranes, xerentes da empresa, os cales lle mostraron como se enfornaba o pan. Mestres o pan se cocía, os rapaces recibiron “insitu” unha explicación teórica- práctica de cómo se fabricaba o pan. Unha das cousas que máis lle chamou a atención, sobre todo, aos máis pequenos, foi ver como funcionaba a amasadora.
Unha vez rematada a charla e xa co pan cocido non quedou máis que fincarlle o dente.

jueves, 6 de mayo de 2010

MULTIOBRADOIROS / LETRAS GALEGAS


A APA Loureda está a impartir a programación cultural prevista para os meses de maio e abril.

O xoves 22 de maio tivo lugar o obradoiro de cerámica onde @s nen@s poideron reproducir obxectos de cerámica castrexa e decorativos actuais.

Para o sábado 15 de maio está previsto que se leve a cabo o obradoiro de pan, onde @s cativ@s elaborarán pan artesanal e poderán visitar in situ unha panadería onde ollarán como se leva a cabo a fabricación do pan. Dado o alto número de participantes neste obradoiro, establecéronse dos turnos/obradoiros: o primeiro de 10:30 a 12:30h. e o segundo de 12:00 a 13:30h.

En canto a celebración da semana cultural das Letras Galegas que está a organizar a dirección e equipo de profesores do colexio STª Mª, a APA Loureda quixo poñer o seu gran de area sufragando a actuación do grupo de musica tradicional Arume; asimesmo pon a disposición a actuación dos grupos de pandereteiras e de teatro da APA.

A programación da semana cultural das letra s galegas podenna ollar na web do colexio.