miércoles, 8 de septiembre de 2010

COMENZO DO CURSO ESCOLAR 2010 - 2011

Un ano máis os nosos cativos volven as aulas, o día sinalado para tal fin é o 10 de setembro do 2010 as 09:00h.
A APA Loureda tamén empeza o curso escolar con proxectos que intentará levar a práctica sempre tendo presente o benestar e educación dos nosos fill@s. A previsión en canto os recursos económicos da asociación non é moi alentadora dado que as Administracións non conceden tantas axudas coma en anos anteriores pero intentarase facer todo o posible.
Como cada ano, novos alumnos integrarán a familia escolar do colexio STª Mª do Castro, a todos eles benvidos e os seus pais animámolos a que se fagan socios da APA Loureda, que participen e colaboren e incluso que formen parte da súa directiva, dado que, coma xa informamos na Asamblea Xeral de Socios, este ano temos duas baixas dado que os fillos destes directivos acabaron os seus estudios no centro STª Mª do Castro.
Dende a Directiva da APA Loureda desexámovos un bo curso 2010-2011 a toda a Comunidade Escolar e recordade que estamos a vosa disposición para calquera suxerencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario