viernes, 31 de diciembre de 2010

FELIZ ANO 2011

A ASOCIACIÓN DE PAIS DO COLEXIO STA. MARÍA DO CASTRO DESÉXAVOS UN FELIZ ANO 2011.






XA SE ESTÁ CONVERTINDO EN TRADICIÓN, QUE A APA LOUREDA CONVIDE A PAIS E ALUMNOS O DÍA DO FETIVAL DE NADAL, A UN ANACO DE ROSCA DE REIS E BATIDOS DE CHOCOLATE.

ESTE ANO TAMÉN HOUBO CAFÉ QUENTIÑO E NON FALTOU O SORTEO DE DOUS LOTES DOADOS POR RIANXEIRA.

DESPOIS DE DISFRUTAR DAS FERMOSAS ACTUACIÓNS DOS ALUMNOS, E DE DEGUSTARLA ROSCA, OS REIS MAGOS DE ORIENTE VISITARON VALIÑO PARA RECOLLER AS ÚLTIMAS CARTAS E REGALAR UN PAQUETIÑO DE GOLOSIÑAS A CADA NENO. AO MESMO TEMPO A APA REPARTEU OS CALENDARIOS CAS FOTOS DE TODOS OS CURSOS.


lunes, 20 de diciembre de 2010

martes, 7 de diciembre de 2010

APARCAMENTO

O día 29 de novembro a APA tivo unha reunión ca Dirección do Centro e o Presidente da Asociación de Veciños a Unión, na cal se trataba, tras expoñer e informar do asunto, de acadar un consenso para levar a cabo a construcción dun aparcamento no exterior do Colexio STª Mª do Castro. Na reunión tomouse o acordo de levar a cabo a obra.

En primeira instancia, o aparcamento iría ubicado na costa do Centro, para aparcar en batería. Dita obra débese realizar corectamente para que non caea o muro do recinto e para que non se den corrementos de terra, entre outros. A obra non será inmediata, dado que se deben facer as delixencias oportunas (permisos,planos, etc) e obter as axudas económicas para poder levala a cabo.

O primeiro paso xa está dado. Vamos a polo segundo que "pouquiño a pouquiño faise o camiño".