martes, 18 de enero de 2011

ARRANXO DO CAMIÑO DO PAVILLÓN


Temos boas novas. Fai uns meses, dende a directiva da APA mantívose conversa co Concelleiro de Ensino, Mariano Muñiz, ó cal se solicitou o arranxo do camiño interior que vai dende o colexio ó pavillón, así mesmo, tamén se lle pideu que arranxara a entrada do cole pequeno onde existe un desnivel, baixo a marquesina, que normalmente empoza. O Concelleiro, no seu momento, interesouse polo tema indicando que iba tratar de facer esos arranxos a pesares de que era moi mal momento - a crise, xa sabedes-

Pois ben, o Concelleiro cumpleu connosco unha vez máis, e a través dunha subvención da Deputación, nuns días comenzarán as obras para arranxar o camiño e o desnivel.

Dende a APA Loureda o noso agradecemento o Concelleiro de Ensino, o sr. Mariano Muñiz por atender as nosas peticións.

martes, 11 de enero de 2011

CEA ROMÁNTICA DE SAN VALENTÍN


Para celebrar o San Valentín e recadar fondos para a programación cultural deste curso, a APA Loureda pon a venda rifas por valor dun euro cada boleto; o premio unha cea de San Valentín. O premio, un bono gastronómico, consistente nun menú degustación para dúas persoas no Restaurante Casa Isolina de Taragoña o cal colabora ca APA para esta ocasión.
O boleto gañador será o que coincida cas tres últimas cifras do sorteo do Cupón da Once do 14 de febreiro do 2011.

O gañador do sorteo deberá canxear o boleto premiado polo bono gastronómico, antes dun mes, na conserxería do centro. Para mellor delixencia o gañador debería chamar antes e indicar cando recollerá o premio.
Colabora ca APA e celebra o San Valentín cunha agradable cea.

lunes, 10 de enero de 2011

O CARNÉ DESTE ANO XA TEN DESEÑO

Si xa fixestes efectiva a cota deste ano, en breve recibirás o teu carne de socio. Este ano, leva unha foto da xornada de convivencia efectuada en San Ramón o pasado mes de Xuño do 2010.

Si aínda non eres socio, esperamos que non esperes máis e des ese paso tan importante, para contribuir ó traballo de apoio dos pais, para tratar de axudar a un bo funcionamento do colexio dos teus fillos.