martes, 18 de enero de 2011

ARRANXO DO CAMIÑO DO PAVILLÓN


Temos boas novas. Fai uns meses, dende a directiva da APA mantívose conversa co Concelleiro de Ensino, Mariano Muñiz, ó cal se solicitou o arranxo do camiño interior que vai dende o colexio ó pavillón, así mesmo, tamén se lle pideu que arranxara a entrada do cole pequeno onde existe un desnivel, baixo a marquesina, que normalmente empoza. O Concelleiro, no seu momento, interesouse polo tema indicando que iba tratar de facer esos arranxos a pesares de que era moi mal momento - a crise, xa sabedes-

Pois ben, o Concelleiro cumpleu connosco unha vez máis, e a través dunha subvención da Deputación, nuns días comenzarán as obras para arranxar o camiño e o desnivel.

Dende a APA Loureda o noso agradecemento o Concelleiro de Ensino, o sr. Mariano Muñiz por atender as nosas peticións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario