martes, 11 de enero de 2011

CEA ROMÁNTICA DE SAN VALENTÍN


Para celebrar o San Valentín e recadar fondos para a programación cultural deste curso, a APA Loureda pon a venda rifas por valor dun euro cada boleto; o premio unha cea de San Valentín. O premio, un bono gastronómico, consistente nun menú degustación para dúas persoas no Restaurante Casa Isolina de Taragoña o cal colabora ca APA para esta ocasión.
O boleto gañador será o que coincida cas tres últimas cifras do sorteo do Cupón da Once do 14 de febreiro do 2011.

O gañador do sorteo deberá canxear o boleto premiado polo bono gastronómico, antes dun mes, na conserxería do centro. Para mellor delixencia o gañador debería chamar antes e indicar cando recollerá o premio.
Colabora ca APA e celebra o San Valentín cunha agradable cea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario