viernes, 18 de febrero de 2011

¡XA TEMOS GAÑADORA!




O boleto premiado ca cea de San Valentín que sorteaba a A.P.A. Loureda, ca colaboración do Restaurante Casa Isolina, caeo nas mans de Rosa Mª Romero, a cal en breve disfrutará da cea, có seu esposo Carlos Triñanes. Enhoraboa.

CAMIÑO ARRANXADO




Tal coma publicamos con anterioridade sobre o arranxo do pavillón, informar que a obra xa está feita. Podedes ollar nas imaxes os arranxos que fixeron.
Como xa vos dixemos en outra ocasión "pouquiño a pouquiño faise o camiño", co cal, de agora en diante, o noso próximo obxetivo será poñer unha marquesina enriba dese camiño. A cousa irá para longo, pero... o non xa o temos na man.

martes, 15 de febrero de 2011

RESULTADOS DO SONDEO DE INTERESE SOBRE O USO DO UNIFORME ESCOLAR

A vista do análise das enquisas, os resultados obtidos foron os seguintes:

DATOS DE PARTICIPACIÓN:
- Nº de enquisas enviadas = 156
- Nº de participantes = 111
- Non participaron= 45

PORCENTAXES DE PARTICIPACIÓN:
- Participaron o 71%
-Non participaron o 29%

RESULTADOS:
- ¿Está vostede de acordo co uso do unif. escolar? SI= 48 NON= 54 INDIFERENTE= 9
- ¿Respetaría a decisión da maioría? SI= 56 NON=40 INDIFERENTE= 15

PORCENTAXE DOS RESULTADOS:
- ¿Está vostede de acordo co uso do unif. escolar? SI= 43% NON= 49% INDIFERENTE= 8%
- ¿Respetaría a decisión da maioría? SI= 50% NON= 36% INDIFERENTE= 14%

ESTIMADOS PAIS/NAIS:

Ante os resultados obtidos, indicarlle que si teñen algunha pregunta que facer, a directiva da APA está a súa disposición.

Iguaalmente, si algún/a pai/nai ten algunha dúbida ou reserva sobre os resultados obtidos, indicarlles que teñen a súa disposición, durante un prazo dun mes a partires deste anuncio, as enquisas recibidas para o seu análise. En todo caso, deben solicitalo con un día de antelación, coma mínimo, para unha mellor coordinación.




Nº PREMIADO DA CEA DE SAN VALENTÍN


O/A gañador/a da cea de San Valentín, debe poñerse en contacto ca presidenta da APA ou ben co conserxe do centro o antes posible. Recorde que ten un prazo dun mes para reclamar o premio.

MOI IMPORTANTE:A tódalas persoas que colaboraron ca APA decirlles que non tiren ás súas rifas dado que de non ser reclamado o premio no prazo establecido, farase un novo sorteo.

A todos moitas gracias por colaborar .

lunes, 7 de febrero de 2011

SORTEO DUN LOTE DE PRODUCTOS ENTROIDO 2011

O alumnado de 5º e 6º do CEIP STA. Mª DO CASTRO, pon a venta rifas para o sorteo dun lote de productos típicos do entroido, para a axuda da VIAXE DE FIN DE CURSO.

O sorteo farase no colexio, o día 3 de marzo do 2011 ás 12:00 horas na Secretaría do Centro.

¡COLABORADE COS NENOS!