miércoles, 30 de marzo de 2011

A PROFE DE TEATRO "MARTA RIOS" PREMIADA



O 23 de marzo tivo lugar no Teatro Rosalía de Castro a Gala de XV Premios Maria Casares, algo así coma os Max pero en versión galega. Pois ben, entre as nominadas a mellor actriz secundaria estaban: Dorotea Bárcena, por “Un cranio Furado”; Iolanda Muíños, por “A Nona” e Marta Ríos, por “Volpone”. A agradable sorpresa, para todos nos foi, que o premio, recaeu nas mans de Marta Ríos. Dende a APA queremos darlle a nosa noraboa e decirlle que estamos dobremente orgullos: por ser a nosa directora de teatro e porque Boiro ten unha actriz indiscutible.


Cando alguen é tenaz, constante, profesional e por riba lle gusta o que fai, non é imposible chegar o máis alto da súa carreira e este e o camiño que parece que segue Marta, polo que so nos queda desesarlle os nosos parabens e que siga cosechando grandes premios o longo da súa carreira teatral.