lunes, 30 de mayo de 2011

NOTAS INFORMATIVAS

*Recordade que a partir do día 1 de xuño e ata o remate do curso o día 22 de xuño as clases impartiranse só en horario de mañá.

*Aproveitamos para informarvos que en breve enviaremos os programas da IV Romaría de Socios APA Loureda.

* A dirección e equipo de profesores do Centro ten programada unha excursión para o día 21 de xuño, se o tempo o permite, na cal a APA colabora sufragando parte dos gastos cunha aportación de 200€. Non vos demoredes en apuntar @s cativos/as e nos esquezades asinar a autorización.

II ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS

Pola presente convócase a tódolos socios/as da A.P.A. a segunda ASEMBLEA XERAL ORDINARIA do curso 2010-2011, que se celebrará o vindeiro mércores, día oito de xuño (8/06/11), ás 19:15 horas en primeira convocatoria e as 19:30 horas en segunda convocatoria na Biblioteca do Colexio, coa seguinte orde do día.

1. Aprobación da acta anterior
2. Informes da Presidenta:
Ø Contabilidade ingresos e gastos ata o momento
Ø Subvencións tramitadas.
Ø Actividade cultural levada a cabo e por rematar (IV romaría)
Ø Partes de incidencias tramitados
3. Rogos e preguntas.

REPRESENTACIÓN TEATRAL: "CARAPUCHIÑA VERMELLA"




O día 30 de maio ás 16:30h. terá lugar no Centro STª Mª do Castro a actuación do grupo de teatro da APA Loureda. A obra é dirixida por Marta Rios, e o elenco de actores e actrices está formado por: Miguel Lomba, Samuel Places, Pablo Ozores, Marta Ozores, Clara Muñiz, Antía Vidal, Marta Armental, Salomé Iglesias, Adriana Diéguez e Tania Vidal.




Dende a directiva da APA convidamos a todos os familiares e nenos da comunidade escolar do C. STª Mª do Castro a pasar un rato entretido ca representación dunha versión moi orixinal de Caperuchiña Caperuciña Vermella.