jueves, 2 de junio de 2011

IV ROMARIA DE SOCIOS APA LOUREDA



Estimad@s Soci@s:

Informámoslles que o SÁBADO, 18 DE XUÑO DO 2011 na área recreativa de SAN RAMÓN DE BEALO, terá lugar a festa dos socios: “IV Romaría de Socios APA Loureda”.

Poderán asistir a romaría os socios, os fillos de socios matriculados durante este curso 2010-2011 no colexio STª Mª do Castro e os parentes en primeiro grado (pais e fillos; ou sexa, os irmáns e avós dos nenos matriculados no centro que sexan socios).
Todos os que queirades asistir a romaría debédevos de inscribir na conserxería do colexio antes do 16 de xuño do 2011.

Así mesmo desde a directiva da APA acordouse o seguinte:
· Que os nenos socios terán subvencionado pola APA o cento por cento do importe do menú; ou sexa, será gratis para os nenos socios, os cales deben inscribirse e retirar o seu bono comida. Os bonos dos nenos deben ser retirados por un adulto.
· Que dous familiares directos dos nenos socios (sexan pai e nai ou nai e irmá, dous avós, etc.) terán subvencionado 3€ do custo total do menú, tendo que aboar eles o resto do importe (14€)
· Os demais familiares, en primeiro grado, dos socios que queiran asistir á Romaría, poden gozar e participar do programa elaborado e teñen a opción a reservar o menú pero sufragando o cento por cento do mesmo (17€).

· En calquera dos casos, no momento da reserva do menú, deben facelo efectivo e entregaráselles o bono comida que será trocado o día da romaría.
Ante a perda do bono comida a APA non se fai responsable e non se repartirá o menú a aquelas persoas que non entreguen o bono. “Gardádeo ben”.

· O custo do menú é de 17€ por persoa, ven pratado e inclúe:
Ración de: .. empanada de atún
.. tortilla española
.. churrasco de porco
.. pan e bebidas (auga, refrescos e viño)
.. Prostre (flan)
.. café e chupito (só adultos)
.. inclúense cubertos, vaso e servilleta.

· Todos aqueles socios que non queiran menú, poden levar a comida da casa, pero en todo caso, deben inscribirse igualmente por mor da organización das actividades programadas para ese día.

Os que non sodes socios se queredes asistir a festa, só tendes que facervos socios pagando a cota de 20€ anuais na conserxería do colexio.

Ante calquera dúbida ou suxerencia que teñan que facernos para o bo facer e benestar d@s nen@s indicarlles que estamos a súa disposición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario