O pasado venres 24 de xuño tivo lugar a saída nocturna que complementaba a charla dada no cole, e que tiña como finalidade a iniciación na observación e identificación de constelacións, así como aprender a orientarse pola estrela Polar. NESTA ACTIVIDADE COLABOROU A DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
Ademáis da colaboura desinteresada de Pablo Vidal, quén instalou dous telescopios de potente alcance e moi boa calidade de resolución, presentouse no lugar con outro telescopio, outro veciño de Cabo de Cruz e tamén exalumno do colexio do Castro, Johnny Dieste.
Os presentes puderon observar varias nebulosas e cúmulos de estrelas, pero sin duda o que que todos lembrarán, será o planeta Saturno.
Desde a APA LOUREDA agradecemos a numerosa asistencia, así como a colaboración de Pablo e Johnny.
A continuación podemos ver algúnhas fotos do evento:




0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada