jueves, 22 de septiembre de 2011

ACLARACIÓN

A actividade de Teatro posiblemente a teñamos que trasladar os luns a partir das 17:15h. En breve comunicaremos o día e hora fixos na cal se impartirá esata actividade extraescolar

XUNTANZA DE PAIS DE ALUMNOS

O vindeiro sábado 24 de setembro as 19:00h no Centro Social de Cabo de Cruz levarase a cabo unha Asemblea, non de socios, senón que se convocará a todos os/as pais/nais e titores/as dos cativos matriculados no Centro para tratar temas de gran interese (anulación de actividades complementarias; cambios no sistema de actuación da Asociación, informe da reunión de APAS en canto a delimitación de zonas, banco de libros, falta de profesorado, etc.), o día desta reunión acordarase a data da Asemblea Xeral de Socios. Indicar que debido a que consideramos que os temas a tratar son de gran interese a reunión convócase o sábado para que non se de un gran impedimento de asistencia. En breve mandarémosvos a orden do día.

Pola presente convócase a tódolos os pais/nais do Centro STª Mª do Castro. á 1ª ASEMBLEA XERAL DE PAIS DE ALUMNOS do curso 2011-2012, que se celebrará o vindeiro SÁBADO 24 DE SETEMBRO DO 2011, nas dependencias do Centro Social de Cabo de Cruz, as 19:00h. en primeira convocatoria e as 19:15h en segunda convocatoria, terá lugar a Asemblea Xeral deste curso 2011-2012 ca seguinte orde do día:

Ø Informes da Presidenta.
.. Lei da limitación de zonas
.. Banco de Libros
.. Cambio na actividade e recursos escolares:
.. Actividade escolar complementaria cancelada neste curso
.. Recorte de presupostos
.. Recorte de profesorado: con praza e substitucións.
.. Medidas a acordar e acordadas para arranxar o problema – propostas-.
Ø Propostas para o próximo curso escolar.
.. Actividade complementaria a levar a cabo.
.. Cambio en canto a beneficiarios non sociosRogos e preguntas.

viernes, 16 de septiembre de 2011

PRAZO DE INSCRIPCION DE SOCIOS

Infórmase que o prazo de inscripción para facerse socio da APA Loureda xa está aberto. A cota é de 25€ que deben aboar na conserxería (Xocas) entregando o impreso cos datos persoais. O prazo remata o 31 do outubro.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2010-2012

O calendario escolar previsto para este curso é o seguinte:


- CLASES:

. Do 12 de setembro do 2011 ó 22 de xuño do 2012


-VACACIÓNS:

. Nadal, do 22 de decembro ó 8 de xaneiro (ambos inclusives)

. Antroido, 20, 21 e 22 de febreiro

. Semana Santa, do 2 ó 9 de abril (ambos inclusives).


- DIAS NON LECTIVOS:

. Día do Ensino, 31 de outubro

. Festivo Local, 13 de decembro (STª Lucía)

. Día solicitado á Delegación, 18 de maio.

-HORARIO ESCOLAR:

. Mañás, de 09:00 a 13:30 h.
. Tardes, de 16:00 a 17:15 h. (luns e mércores)

- ATENCIÓN A PAIS/NAIS:

. DE 17:15 a 18:15 os mércores.

- ALMORZOS SAUDABLES:

. Infantil 4 anos, 1º e 5º de primaria ó 4 de outubro
. Infantil 3 anos e 6º de primaria ó 5 de outubro
. Infantil 5 anos e 3º de primaria ó 6 de outubro
. 2º e 4º de primaria ó 7 de outubro
(Participación voluntaria. Os que participen deben levar unha taza e unha culler)

- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA APA:

. Teatro, martes de 16:00 a 17:00 h.
. Manualidades, xoves de 16:00 a 17:00 h
. Baile, xoves de 17:00 a 18:00 h.
. Informática, venres de 16:00 a 17:00 h.

martes, 6 de septiembre de 2011

NOVO CURSO ESCOLAR 2011-2012

Dende a APA Loureda queremos saudarvos e os novos alumnos darlle a benvida.

Xa sabedes que o curso comenza o día 12 de setembro e ata o final do mesmo esperamos que as cousas se nos den ben a todos.

A Directiva, un ano máis, pensa levar a cabo novas actividades, esperando que toda a Comunidade Escolar participe, non so delas, senón aportando ideas e suxerencias. Para tal fin convidamos a todos os pais e nais a que vos fagades socios dado que cantos máis seamos, máis forza teremos coma Entidade ante calquera adversidade que poda xurdir.

Uns días despois do día 12, enviarémosvos, as novas para este curso; e que decirvos, que estamos a vosa disposición.

Un saúdo A Directiva