jueves, 22 de septiembre de 2011

XUNTANZA DE PAIS DE ALUMNOS

O vindeiro sábado 24 de setembro as 19:00h no Centro Social de Cabo de Cruz levarase a cabo unha Asemblea, non de socios, senón que se convocará a todos os/as pais/nais e titores/as dos cativos matriculados no Centro para tratar temas de gran interese (anulación de actividades complementarias; cambios no sistema de actuación da Asociación, informe da reunión de APAS en canto a delimitación de zonas, banco de libros, falta de profesorado, etc.), o día desta reunión acordarase a data da Asemblea Xeral de Socios. Indicar que debido a que consideramos que os temas a tratar son de gran interese a reunión convócase o sábado para que non se de un gran impedimento de asistencia. En breve mandarémosvos a orden do día.

Pola presente convócase a tódolos os pais/nais do Centro STª Mª do Castro. á 1ª ASEMBLEA XERAL DE PAIS DE ALUMNOS do curso 2011-2012, que se celebrará o vindeiro SÁBADO 24 DE SETEMBRO DO 2011, nas dependencias do Centro Social de Cabo de Cruz, as 19:00h. en primeira convocatoria e as 19:15h en segunda convocatoria, terá lugar a Asemblea Xeral deste curso 2011-2012 ca seguinte orde do día:

Ø Informes da Presidenta.
.. Lei da limitación de zonas
.. Banco de Libros
.. Cambio na actividade e recursos escolares:
.. Actividade escolar complementaria cancelada neste curso
.. Recorte de presupostos
.. Recorte de profesorado: con praza e substitucións.
.. Medidas a acordar e acordadas para arranxar o problema – propostas-.
Ø Propostas para o próximo curso escolar.
.. Actividade complementaria a levar a cabo.
.. Cambio en canto a beneficiarios non sociosRogos e preguntas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario