viernes, 28 de octubre de 2011

ACTIVIDADE CULTURAL DE OUTUBRO A NOVEMBRO

v Magosto;
Nesta ocasión a APA Loureda levará a cabo a celebración do Magosto xunto cá Asoc. de Veciños A Unión. O programa destinado os socios de ambas entidades, inclúe xogos populares (cuxos monitores serán os pais e nais socios da APA), entrega de premios do Samahín e a degustación das castañas. A actividade levarase a cabo nas canchas e si chove na lonxa e terá lugar o sábado 5 de novembro a partir das 17:00h.

v Mercadillo de Nadal Benéfico;
O sábado 3 de decembro do 2011 a partires das 16:00h. levarase a cabo un mercádello de segunda e primeira man.
Poñeranse a venda xoguetes, roupa, antiguedades, etc., co fin de recadar cartos para a pequena Paula. O lugar elixido será as canchas do parque e se chove a lonxa de Cabo de Cruz, estando aberto a todo o mundo. Todos aqueles que queirades poñer un posto debedes notificalo antes do día 2 de decembro.

v Obradoiro de Nadal;
Xa comezaron os ensaios das artes escénicas e musicais por parte dos pais e nenos da APA. Os cativos e monitores comezaron a ensaiar os seus números para logo representalos o sábado 10 de decembro no auditorio do Centro Social de Cabo de Cruz ás 18:00h. A parte dos rapaces inscritos no obradoiro, participarán o grupo de teatro da APA dirixido por Marta Riós, e o grupo de baile da APA dirixido pola escola de Baile O Tomasón. Así mesmo está previsto que colaboren outros grupos e particulares, convidados pola APA para tal ocasión, como é o caso, por exemplo do grupo de Pandereiteiras de Cabo de Cruz.
Nesta ocasión, a APA Loureda, decidiu que o sábado 10, as portas do auditorio estarán abertas a todo o mundo que queira ver o Festival, e cobrará 1€ a entrada. Os cartos que se recaden serán igualmente para a pequena Paula

v A parte destas actividades, seguen abertas as listas de teatro, baile, informática, ..., actividades que a APA oferta co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais/nais do centro. O respecto mencionar que á APA lle foi aprobada unha subvención da Xunta de Galicia – Fondo Social Europeo para este curso, para sufragar parte dos gastos destas actividades extraescolares.

miércoles, 5 de octubre de 2011

III CONCURSO APA LOUREDA - O SAMAÍN

III CONCURSO DE CABAZAS - APA LOUREDA

RESULTADOS DA 1ª ASAMBREA XERAL DE SOCIOS 11-12

Estimados pais e nais:
Cá presente informase que na Asemblea Xeral de socios do curso 2011-2012 acordáronse e aprobáronse os seguintes puntos:
. Que os pais e nais socios da APA Loureda levarán a cabo novas actividades extra escolares (festival de Nadal, Magosto, Entroido, etc.) e que se comprometen a colaborar para tal fin.
. Que estas actividades ou parte delas serán única e exclusivamente para socios.
. Que se remitirá a Xunta de Galicia un escrito, ben colectivo – de todas as ANPAS do Concello de Boiro- ou ben individual, amosando a nosa desconformidade ante a reducción de presupostos e equipo docente e ante os beneficios dos centros concertados fronte os da ensinanza pública. Así mesmo proporase que as actividades antes mencionadas sexan incluídas de xeito obrigatorio nos calendarios escolares oficiais.
Se están interesados en participar nestas e outras actividades deben apuntarse na conserxería do colexio (Joaquín) ou ben no C. Social de Cabo (de 09:00 a 14:00h Pitusa).
Así mesmo infórmase que o día 14 as 18:00h. teremos unha nova xuntanza para informar do acontecido na reunión de AMPAS do Concello de Boiro que se celebrará o día 14 deste mes e perfilaremos o programa cultural para estes meses.

ATENTAMENTE A DIRECTIVA