viernes, 28 de octubre de 2011

ACTIVIDADE CULTURAL DE OUTUBRO A NOVEMBRO

v Magosto;
Nesta ocasión a APA Loureda levará a cabo a celebración do Magosto xunto cá Asoc. de Veciños A Unión. O programa destinado os socios de ambas entidades, inclúe xogos populares (cuxos monitores serán os pais e nais socios da APA), entrega de premios do Samahín e a degustación das castañas. A actividade levarase a cabo nas canchas e si chove na lonxa e terá lugar o sábado 5 de novembro a partir das 17:00h.

v Mercadillo de Nadal Benéfico;
O sábado 3 de decembro do 2011 a partires das 16:00h. levarase a cabo un mercádello de segunda e primeira man.
Poñeranse a venda xoguetes, roupa, antiguedades, etc., co fin de recadar cartos para a pequena Paula. O lugar elixido será as canchas do parque e se chove a lonxa de Cabo de Cruz, estando aberto a todo o mundo. Todos aqueles que queirades poñer un posto debedes notificalo antes do día 2 de decembro.

v Obradoiro de Nadal;
Xa comezaron os ensaios das artes escénicas e musicais por parte dos pais e nenos da APA. Os cativos e monitores comezaron a ensaiar os seus números para logo representalos o sábado 10 de decembro no auditorio do Centro Social de Cabo de Cruz ás 18:00h. A parte dos rapaces inscritos no obradoiro, participarán o grupo de teatro da APA dirixido por Marta Riós, e o grupo de baile da APA dirixido pola escola de Baile O Tomasón. Así mesmo está previsto que colaboren outros grupos e particulares, convidados pola APA para tal ocasión, como é o caso, por exemplo do grupo de Pandereiteiras de Cabo de Cruz.
Nesta ocasión, a APA Loureda, decidiu que o sábado 10, as portas do auditorio estarán abertas a todo o mundo que queira ver o Festival, e cobrará 1€ a entrada. Os cartos que se recaden serán igualmente para a pequena Paula

v A parte destas actividades, seguen abertas as listas de teatro, baile, informática, ..., actividades que a APA oferta co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais/nais do centro. O respecto mencionar que á APA lle foi aprobada unha subvención da Xunta de Galicia – Fondo Social Europeo para este curso, para sufragar parte dos gastos destas actividades extraescolares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario