viernes, 25 de noviembre de 2011

MERCADILLO DE AXUDA A PAULA

O sábado 3 de decembro as 16:30h. dará comenzo o mercadillo benéfico da APA Loureda na lonxa de Cabo de Cruz. Esperamos que todos/as colaboredes aportando algunha cousa nova ou seminova e mercando algún producto dos que poñemos a venda.

Adiántovos que xa recibimos moitas cousas e a maioría son novas coma: roupa, abalorios, material escolar, libros, zapatos, tapetes de ganchillo feitos de xeito artesanal, e moitas cousas mais. Vinde e colaborade na recuperación da pequena Paula.

Aproveitamos para darlle o noso agradecemento á todos os membros que integran a Cofradía de Cabo de Cruz, e en especial a Carmelo Vidal, pola súa colaboración desinteresada nesta actividade, así como a todas aquelas veciñas que fixeron as súas donacións e colaboran con nos.

Moitas gracias a todos.

jueves, 3 de noviembre de 2011

SAMAIN - CABAZAS 2011

Coma sabedes, este mes celebrouse o Samaín no colexio STª Mª do Castro.
A APA organizou o III Certame de CABAZAS APA Loureda – Samaín 2011. Pois ben, os gañadores foron os seguintes:

INFANTIL
3ANOS: ZOE FIGUEIRA
4ANOS: LUCIA FIGUEIRA
5 ANOS: CARLOS TORRADO – MENCIÓN PARA XIANA F. PÉREZ

PRIMARIA
MARTÍN MUÑIZ – 1º CICLO
ALBA DOMÍNGUEZ – 2º CICLO
ADRIANA DIEGUEZ – 3º CICLO
A entrega dos premios terá lugar o día da celebración do Magosto que está previsto para o 5 de novembro.
Podedes ollar as obras realizadas por tod@s @s participantes na porta do Colexio ata que estas queden inservibles.
OS NOSOS PARABENS A TODO@S @S ALUMN@S PARTICIPANTES NO III CERTAME A.P.A. LOUREDA