viernes, 25 de noviembre de 2011

MERCADILLO DE AXUDA A PAULA

O sábado 3 de decembro as 16:30h. dará comenzo o mercadillo benéfico da APA Loureda na lonxa de Cabo de Cruz. Esperamos que todos/as colaboredes aportando algunha cousa nova ou seminova e mercando algún producto dos que poñemos a venda.

Adiántovos que xa recibimos moitas cousas e a maioría son novas coma: roupa, abalorios, material escolar, libros, zapatos, tapetes de ganchillo feitos de xeito artesanal, e moitas cousas mais. Vinde e colaborade na recuperación da pequena Paula.

Aproveitamos para darlle o noso agradecemento á todos os membros que integran a Cofradía de Cabo de Cruz, e en especial a Carmelo Vidal, pola súa colaboración desinteresada nesta actividade, así como a todas aquelas veciñas que fixeron as súas donacións e colaboran con nos.

Moitas gracias a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario