martes, 24 de enero de 2012

ANTROIDO APA LUREDA 2012

Estimad@s Soci@s:

Ná Asemblea ordinaria celebrada pola Directiva da APA o 13 de xaneiro, acordouse levar a cabo a celebración do Antroido o sábado 18 de febreiro das 16:30 ata ás 19:00h. Por tal razón convocouse a todos os pais e nais a reunión informativa que tivo lugar o sábado, 21 de xaneiro das 17:00 ás 18:00h. Centro Social de Cabo de Cruz onde se deron todos os detalles e se repartiron as tarefas.

O programa elaborado foi o seguinte A.- Desfile, aberto o público en xeral aínda que a APA só se fai, única e exclusivamente, responsable dos seus asociados, as demais persoas que participen farano pola súa conta e risco; B.- Chocolatada. C.-Baile de disfraces, ámbalas dúas só para socios.

A temática deste ano será OS POBOS DO MUNDO, e cada grupo (nenos, familiares e monitores) terá que levar, si é posible, o disfraz asinado baixo sorteo. Especifícanse un pouco as características dos disfraces para que sexan máis ou menos homoxéneos:

. Os de Infantil irán de Esquimós;

. Casaca branca e pantalón negro ou vestido marrón, ambos con polainas. Opcional gorro de la ou pel apropiado.

. Maquillaxe moreno e ollos resgados con lapis negro. Peiteado apropiado.

. Complementos: canas de pescar, lanzas, pingüíns, focas de xoguete.

. Os de 1º de primaria irán de Batusi;

. Formula e pantis negro e saia ou taparrabos e suxeitador* de pel. Guantes negros opcional

. Maquillaxe: cara pintada de negro, con resgos en Branco “guerra” Perruca negra de rizos corta.

. Os de 2º de primaria irán de Mexicanos;

. Camisa e pantalóns brancos, poncho cadrado todos iguais e sombreiro de palla / saia e camisa brancas con adornos ou branca de todo e poncho cadrado.

. Maquillaxe moreno, e bigotes / nenas con trenzas e lazos de cores, labios e ollos pintados. Perrucas largas morenas ou trenzas

. Complementos: ….

. Os de 3º de primaria irán de Vikingos;

. Traxe marrón, e gorro

. Maquillaxe moreno, pelucas largas rubias ou castañas barbas e bigotes

. Complementos: armas

. Os de 4º de primaria irán de Chinos;

. Vestido chinés / pantalón negro e casaca, gorros. Todos da mesma cor.

. Maquillaxe: amarelo ou branco elas. Trenza larga eles e perillas. Moños con paos elas. Ollos resgados con lapis negro, elas boca pequena con pintabeizs vermello.

. Complementos: abanicos, balanza cubos.

. Os de 5º de primaria irán de Exipcios:

. Túnicas ou vestidos brancos con adornos. Diademas ou gorros apropiados.

. Maquillaxe: ollos alargados con lapis negro, perrucas con corte exipcio.

. Os de 6º de primaria irán de Escoceses:

. Saia e banda de cadros e chaleco, boina e polainas, camisa branca.

. Maquillaxe: perrucas largas e bigotes e barbas a poder ser louras e rubias

Os socios e familiares que queiran participar débense apuntar na conserxería do colexio ou ben no Centro Social antes do día 10 de febreiro, por mor da organización. Igualmente, coma cada ano, pediuse a colaboración para que os familiares dos cativos, traian os doces típicos desta celebración (filloas, orellas, rosquillas, etc.).

sábado, 7 de enero de 2012

ANTROIDO APA LOUREDA 2012

Queridos socios: adiantámosvos, que despois destas festas, poñerémonos a traballar na celebración do Antroido, e coma sempre abriremos unha lista para todos os socios participantes incluído pais, nais, ou familiares en primeiro grado... Unha vez que teñamos elaborado o programa, coma é costume mandaremos unha nota cá información
¡IDE PENSANDO OU IDEANDO DE QUE NOS IMOS A DISFRAZAR.!

COCO-NOEL E OS REIS MAGOS RECOLLEN AS CARTAS E DESEXOS DOS CATIVOS


O día 20 de decembro o noso querido Cocó-Noel visitou o Centro para recoller todas as cartas dos pequenos que logo, con caracter urxente, mandaría ó auténtico Papá Noel. Coma en anos anteriores, os nenos e nenas do Centro, sobre todo os de infantil, quedaron encantados de que Cocó-Noel os atendese e escoitase as súas peticións.

O día seguinte, foi o turno para as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, que o seren tres puideron falar máis detidamente cos cativos e darlles certas recomendacións que sería bo que seguisen... Os reis recolleron as cartas e repartiron caramelos a todos os asistentes así coma moita ilusión. (Podedes baixar as fotos deste blog)

FESTIVAL BENEFICO DE NADAL APA LOUREDA

¡Todo un éxito! Así poderíamos dar resposta ante a pregunta de ¿qué tal o festival?.

A Directiva e socios da APA Loureda están moi contentos pola resposta dos veciños ante a celebración deste Festival Benéfico. O que era un obradoiro de variedades para socios, converteuse nun acto altruísta onde o cheo foi total ata o punto de que o auditorio do Centro Social de Cabo, cedido polo Concello de Boiro para tal ocasión, quedouse pequeno para albergar a todos aqueles que quixeron asistir a ver o espectáculo a vez que aportaban fondos para a causa.

O traballo foi moi grande pero os resultados valeron a pena xa que nos fixemos con 723,17 euros entre a entrada (1€) a venta de rifas (a 1€) e donativos dos asistentes. (Podedes baixar as fotos deste blog)

GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN

MERCÁDELLO BENEFICO DE AXUDA A PAULA

Coma todos sabedes o día 3 de decembro levamos a cabo un mercádello benéfico para recadar fondos para a pequena Paula. a resposta foi moi positiva tanto na doazón de mercadoría coma na compra da mesma.

O resultado, 1300 euros recadados para a recuperación da Pequena Paula que foron ingresados na súa conta.

O sobrante do mercádello foi destinado en, primeiro intre, a repetición do mercádello por parte dos organizadores da campaña de recollida de fondos de Paula e en segundo intre, para Cáritas parroquial de Boiro. (Podedes baixar as fotos deste blog)

MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN