¡Todo un éxito! Así poderíamos dar resposta ante a pregunta de ¿qué tal o festival?.
A Directiva e socios da APA Loureda están moi contentos pola resposta dos veciños ante a celebración deste Festival Benéfico. O que era un obradoiro de variedades para socios, converteuse nun acto altruísta onde o cheo foi total ata o punto de que o auditorio do Centro Social de Cabo, cedido polo Concello de Boiro para tal ocasión, quedouse pequeno para albergar a todos aqueles que quixeron asistir a ver o espectáculo a vez que aportaban fondos para a causa.
O traballo foi moi grande pero os resultados valeron a pena xa que nos fixemos con 723,17 euros entre a entrada (1€) a venta de rifas (a 1€) e donativos dos asistentes. (Podedes baixar as fotos deste blog)




0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada