martes, 10 de abril de 2012

OBRADOIRO DE MANUALIDADES

Estimad@s soci@s:

Coa presente comunicámoslles que para as mañás dos sábados do mes de maio, imos impartir para tódol@s soci@s un obradoiro de xoguetes e instrumentos reciclados gratuíto.

Todos @s nen@s interesados deben apuntarse na conserxería do colexio ou no Centro Social de Cabo de Cruz, sendo a data límite de inscrición o 27 de abril. (non se admitirá a participación despois desta data). A primeira semana de maio enviaremos nota cos horarios, os grupos de participación e lugar onde se impartirá o obradoiro.

Así mesmo aproveitamos para recordarlles que todos aqueles participantes que non recolleron aínda o CD, da gravación do Festival de Nadal, poden facelo no Centro Social de Cabo antes do 31 de maio do

presente (a partir desta data non se entregarán máis CDS).

ATENTAMENTE A DIRECTIVA


MATERIAL NECESARIO QUE DEBEN TRAER @S NEN@S PARA O

OBRADOIRO

3 Vasos de iogur / 2 chapas de botella/ 5 corchos / 2 botella de refresco de 2 litros / 3 botellas de actimel ou similar / 1 botella de suavizante ou lexía ou similar/ 8 tapóns de auga, leite ou similar (redondos e canto máis grandes mellor) / 1 media – non vale de espuma fina- / 2 rolos de cartón do papel hixiénico / 1 rolo de cartón do papel de cociña ou similar / 1 lata de (1kg) conserva, leite dos nenos ou similar / 6 pinzas da roupa de madeira / 1 brik de leite, zume ou similar / 1 calcetín e 2 cascaras de noz partidas a mitade

TODO O MATERIAL DEBE VIR LIMPO E SECO E DEBE SER CONSEGUIDO

DE RECICLAXE, OU SEXA, NON SE PODE MERCAR NADA. GRACIAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario