miércoles, 23 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012 :CONCELLO DE BOIRO


Para celebrar o día das Letras Galegas, o Dpto. de Cultura do Concello de Boiro organizou, entre outras actividades, un certame de marcapáxinas, nos que @s nen@s de primaria debían expresar neles o sinificado, o que supoñía para eles o día das Letras Galegas.
Pois ben, o xurado tivo que valorar cerca de 2000 marcapáxinas e na categoría de 2º ciclo de primaria a persoa que levou o primeiro premio foi Clara Muñiz Castelo, alumna do C. STª Mª do Castro e socia da APA. Para ela, os nosos parabéns.

viernes, 11 de mayo de 2012

I MOSTRA DE APRENDIZAXE APA LOUREDA: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES


O sábado 2 de xuño terá lugar no Centro Social de Cabo de Cruz ás 20:00h., gracias a colaboración do Concello de Boiro, a I Mostra de Aprendizaxe. consiste nun "mine festival" onde os rapaces das clases extaescolares de baile, teatro, pandereta e informática amosarán o aprendido o longo do curso. Bailes, cancións representación da obra "aprendizas de bruxas", entre outros encherán o programa desta velada. A entrada é gratuíta e está aberta a tódolos públicos.