jueves, 14 de junio de 2012

II ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS 2011-2012

Coma xa sabedes o xoves 7 de xuño, celebrouse a segunda asemblea xeral de socios no Centro Social de Cabo de Cruz.
A presidenta informou da actividade levada a cabo, das incidencias, dos trámites, da contabilidade, etc, pero tamén presentou a súa dimisión, moi o seu pesar, explicando os motivos de tal decisión.
Dado que o número de socios asistentes era escaso, informouse que na primeira asemblea do curso 2012-2013 entre outros temas, procederíase a elección da nova presidencia. Asi mesmo a presidenta indicou, que este curso que ven estaría a disposición da nova directiva para asesoralos, axudarlle cos trámites tanto de subvencións coma de solicitudes, nas programacións, rexistro de documentación, contabilidade etc. polo que a nova directiva non se vai a atopar soa. Tamén indicou que a nova directiva vai atopar un remanente económico que lle permitirá facer a súa laboura de xeito mais sinxelo.
Según esto, animádevos para coller as rendas da APA LOUREDA, polo ben dos cativos e para que non se perda o "camiño andado", sobre todo os logros deste último curso

v ROMERÍA DE SOCIOS APA LOUREDA


O sábado 16 de xuño do 2012 na area de San Ramón de Bealo as 12:30h. (concentración) terá lugar a celebración da V romaría. Comida campestre, actuación dos Magníficos, rutas e xogos compoñen o programa do día.
Debido as inclemencias do tempo a directiva da APA preveu o mal tempo, de tal xeito que se ese día non se pode celebrar a romaría en San Ramón, trasladarémonos o pavillón de Valiño ás 13:30h. En caso de ser no pavillón recoméndase que os participantes (máis de 100 persoas inscriptas) leven cadeiras e mesas de camping ou praia para a súa maior comodidade.
Este ano, o igual que o ano pasado os nenos teñen subvencionado o menú e dous socios adultos un desconto de 3€ en cada un deles.