jueves, 14 de junio de 2012

II ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS 2011-2012

Coma xa sabedes o xoves 7 de xuño, celebrouse a segunda asemblea xeral de socios no Centro Social de Cabo de Cruz.
A presidenta informou da actividade levada a cabo, das incidencias, dos trámites, da contabilidade, etc, pero tamén presentou a súa dimisión, moi o seu pesar, explicando os motivos de tal decisión.
Dado que o número de socios asistentes era escaso, informouse que na primeira asemblea do curso 2012-2013 entre outros temas, procederíase a elección da nova presidencia. Asi mesmo a presidenta indicou, que este curso que ven estaría a disposición da nova directiva para asesoralos, axudarlle cos trámites tanto de subvencións coma de solicitudes, nas programacións, rexistro de documentación, contabilidade etc. polo que a nova directiva non se vai a atopar soa. Tamén indicou que a nova directiva vai atopar un remanente económico que lle permitirá facer a súa laboura de xeito mais sinxelo.
Según esto, animádevos para coller as rendas da APA LOUREDA, polo ben dos cativos e para que non se perda o "camiño andado", sobre todo os logros deste último curso

No hay comentarios:

Publicar un comentario