jueves, 27 de septiembre de 2012

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2012-2013

As ACTIVIDADES EXTRA ESCOLARES que se van levar a cabo este curso SO PARA SOCIOS comezarán a primeira semana de outubro polo que deben inscribirse antes do día 28 de setembro na conserxería do colexio. (abertas todo o curso).
 As actividade que non alcancen o número mínimo de alumnos quedarán suspendidas.

ACTIVIDADES QUE SERÁN  IMPARTIDAS NO CENTRO SOCIAL DE CABO:

TEATRO: 1h. a semana, os martes de 16:00 a 17:00h. 15€/ mes

INGLÉS LÚDICO: 1h. a semana, os martes de 17:00 a 18:00h. 12€/ mes (a partir de 3 anos)

MANUALIDADES: 1,5h. a semana, os mércores de 17:30 a 19:00h. 15€ /mes (a partir de 6 anos)

BAILE: 1h. a semana, os xoves de 16:00 a 17:00h (1º grupo) e de 17:00 a 18:00h. (2º grupo) 15€ /mes (a partir de 3 anos)

REFORZO E APOIO ESCOLAR: 1h. a semana, os xoves de 17:00 a 18:00h. 12€/ mes (a partir de 8 anos)

ACTIVIDADES QUE SERÁN  IMPARTIDAS NO COLEXIO:

PATINAXE: 1h. a semana, os xoves de 17:00 a 18:00h. 12€ / mes (a partir de 3 anos) Cambio de horario: (a partires de mediados de outubro): venres de 16:30 a 17:30h. no Pabillón de Valiño.

INFORMÁTICA, 1h. a semana, os venres de 16:00 a 17:00h. Socios 15€ / mes (a partir 5 años sabendo ler e escribir)

 Estas actividades (excepto inglés, reforzo e informática) están abertas tamén ós adultos.

IMPORTANTE: As actividades deberán ser aboadas dentro dos primeiros 15 días do mes. De non ser aboadas nese tempo, o participante pode ser expulsado por impagamento.

viernes, 21 de septiembre de 2012

NOVA PRESIDENCIA

Na Asemblea Xeral celebrado o día 19 a presidenta en funcións desglosou a memoria do curso 2011-2012 , así como o estado de contas. A contabilidade foi aprobada por unanimidade. Así mesmo no punto principal da orde do día: elección da nova presidencia, indicar que foi aprobada por unanimidad a candidatura presentada por María Outeiral Campos. A nova directiva informará en breve do programa previsto para este curso e indicar que están abertos a calquera suxerencia e axuda. De parte dos socios queremos desexarlle a María e o seu equipo directivo, moita sorte e darlle as gracias por estar ahí.

martes, 11 de septiembre de 2012

CONVOCATORIA 1ª ASEMBLEA XERAL SOCIOS 2012-2013

Estimad@s Pais e Nais:

Pola presente convócase a tódolos socios/as da A.P.A. a primeira ASEMBLEA XERAL ORDINARIA do curso 2012-2013, que se celebrará o vindeiro mércores, día 19 de setembro ás 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:15 horas en segunda convocatoria nas dependencias do C. Social de Cabo de Cruz coa seguinte orde do día.

1.- Aprobación da acta anterior si procede
2.- Informes da Presidenta: memoria e contabilidade. Entrega do Xermolo.
3.-Eleccións da nova presidencia.
6.- Rogos e preguntas.

Nota: recordade que os socios convocados sodes todos aqueles que estivésedes de alta no curso 2011-2012 e os novos pais/nais (inf. 3 anos) curso 2012-2013 que se dean de alta antes da celebración da asemblea. A partires desta asemblea pasarase ao cobro de cotas e darase a información sobre as actividades extraescolares.

Valiño, 12 de setembro do 2012

Atentamente

A XUNTA DIRECTIVA.

NOVO CURSO 2012-2013

Estimados pais/nais:
Un novo curso comenza para toda a comunidade educativa do C. STª Mª do Castro co cal queremos darvos a benvida e desexarvos que este ano transcurra con toda normalidade e de forma tranquila.
Xa sabedes que para ser socios da APA debedes renovar as vosas fichas e pagar a cota canto antes; ós novos pais e nais recen chegados, decirvos que contamos con vos, que vos unades a esta gran familia que traballa para e en favor dos nosos cativos.
A presentación deste novo curso é o día 12 de setembro do 2012 de 10:00 a 11:00h e @s nen@s deben levar unha libreta e un lapis. Haberá servicio de autobús.