miércoles, 3 de octubre de 2012

CARTA INFORMATIVA

Estimados pais e nais: 1) Cá presente informase que a APA Loureda publica as bases para o IV Certame das Cabazas do Samahín, así coma para o II certame de Debuxo do Magosto. Poderán participar todos os alumnos (socios e non socios) do centro STª Mª do Castro. Os nenos participantes deberán entregar a súa cabaza o día 30 de outubro (nin antes, nin despois) e o seu debuxo do magosto ata o martes 6 de novembro ás 11:00h., ambos na conserxería do colexio. Indicar que o centro colaborará cos certames e en especial co de debuxo, co cal, os mestres darán a información oportuna aos cativos en breve. Teñen as bases a súa disposición no blog da APA (cabodecruz.org) ou nos carteis informativos situados no taboleiro de anuncios da entrada do centro ou nas portas do cole pequeno e do grande. 2) Coma xa vos informamos a directiva da APA negociou o prezo dun chándal e dunha camiseta para todos aqueles socios que o queiran mercar. Informamos que si se compran 50 und. o prezo do chándal sería de 11,80€ + 0,75 (serigrafía) das tallas 2-8; e de 13;00€ + 0,75€ (serigrafía) das tallas 10-16. A camiseta da talla 2-12 costa 3,40€ e a partir da talla 12, 3,76€ máis a serigrafía. Se o número de unidades é menor de 50 indicarvos que se encarece o produto, pero se sube moito de 50 posiblemente poderemos renegociar e baixar o prezo.Lembrádevos que podedes ver a calidade e cores do chándal e da camiseta na conserxería do colexio. A todas aquelas persoas que vos interese podédevos apuntar no Centro Social ata a mañá do día 15 de outubro. 3) A todos aqueles socios do curso 2011-2012 que aínda non recollésedes o Xermolo podédelo facer no Centro Social ata a mañá do 15 de outubro. 4) Informamos que este curso será novamente a APA a encargada de levar a cabo o Festival de Nadal. Todos aqueles socios (adultos e nenos) que queirades participar téndesvos que apuntar na conserxería do colexio ata as 11:00h. da mañá do 26 de outubro Así mesmo, informamos que o día 27 de outubro ás 18:00h. no Centro Social, teremos unha reunión con todos os socios para poder levar a cabo a actividade, dado que se non colaboramos todos, posiblemente, verémonos na obriga de cancelar o evento. Mandaremos nota para lembrarvos a reunión uns días antes. Tamén informamos, que este curso o equipo docente non se fai cargo da excursión de fin de curso, polo que a directiva da APA pretende facerse cargo. Nesta ocasión é imprescindible que os responsables dos nenos asistan ás reunións e colaboren e decidan na programación de tal actividade. Esta actividade tamén está dirixida só a socios. Todos aqueles alumnos de 5º e 6º de primaria que queiran participar na excursión deberán ser apuntados por un adulto na conserxería do colexio ata a mañá do día 26 de outubro. 5)Recordamos que todos os que estades apuntados ás clases extraescolares empezan xa nos horarios indicados este mes de outubro. Importante:As clases de patinaxe por cuestións alleas á APA cambiáronse de día. Serán os xoves de 17:00 a 18:00h no pavillón de Valiño. ATENTAMENTE A DIRECTIVA

BASES DOS CERTAMES

< class="separator" style="clear: both; text-align: center;">