lunes, 12 de noviembre de 2012

NOTA INFORMATIVA


E
                        Estimad@s soci@s:
                      Coa presente infórmase que dado a alta participación d@s cativ@s de infantil temos que facer dous grupos que ensaiarán os sábados (no baixo de Pitusa) no seguinte horario:
. Infan. 4 anos: .... de 12:30 a 13:30h.               
Infan. 3 e 5 anos ... de 16:00 a 17:00h
..................................................................................
Estima@s pais e nais:
Cáritas de Boiro está a facer una campaña de recollida de alimentos nos colexios,  solicitando a  axuda da APA LOUREDA Por este motivo na entrada do colexio grande poñeranse uns recipientes para depositar todos os alimentos (non perecedoiros) que os que queirades colaborar/doar de forma voluntaria deixedes ata o 15 de decembro
Por outra banda, infórmase a todos os participantes do festival que o día do ensaio xeral, farase un casting para escoller a os dous presentadores do festival.
Adiantamos que as datas para os ensaios xerais serán o sábado 1 e o xoves 6 de decembro, ambos ás 17:00h..

jueves, 8 de noviembre de 2012

RECOLLIDA DE CHANDAL

NOTA INFORMATIVA
Estimad@s soci@s:
                             Infórmase que poden pasar a recoller os chandals que vostedes mercaron, no Centro Social de Cabo de Cruz (2ª planta /andar) do 12 ao 16 de novembro do 2012, nos seguintes horarios:
Luns 12 e venres 16 ............................... de 10:00 a 12:00h.
Martes 13, mércores 14 e xoves 15 ....... de 10:00 a 12:00h e de 16:00 a 18:00h.
IMPORTANTE: OS CHANDALS SERÁN ENTREGADOS POL@S DIRECTIV@S DA APA E NON SE ENTREGARÁN, BAIXO NINGÚN CONCEPTO, FORA DESE HORARIO.
Agradecendo a súa colaboración por adiantado, reciban un cordial saúdo. A DIRECTIVA.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

NOVAS EXCURSIÓN FIN DE CURSO 12-13


NOTA INFORMATIVA:
O sábado 3 de novembro, como xa se informou, tivo lugar a reunión cos pais/nais d@s nen@s de 5º e 6º, chegando aos seguintes acordos:
1º.- Data elixida:  do 17 ao 20 de maio (ambos inclusives)
2º.- Destino da viaxe: Marina D´or (Oropesa del Mar - Castellón)
3º.- Acompañantes dos nenos/as: Monitores especializados.
4º.- Cota: 10 € ao mes que se entregarán na conserxería do colexio a segunda semana de cada mes.       
         (Esta cota non é obligatoria poden pagar todo no momento de mercar a viaxe)
5º.- Os cartos recadados en eventos colectivos (exemplo festival de Nadal) sarán para todos os cativos participantes, pero os que recaden facendo ventas (exemplo rifas) serán individuais; ou sexa, para cada neno/a.
6º.- O prezo da viaxe: -  aproximado - é de 200€ por persoa (estancia e saídas)non inclúe transporte nin monitores especializados. A partir de xaneiro concretarase máis o custo da viaxe.
7º.- Elaboración de doces: acordouse que unha vez finalizado o festival de Nadal poñerase á venta doces caseiros que debemos elaborar entre todos para recadar máis fondos (fondos colectivos).

HORARIOS ENSAIOS FESTIVAL DE NADAL

Os ensaios comenzarán o 5 de outubro do 2012 nos seguintes horarios:

Infantil:       Sábados de 16:00 a 17:00 (1º grupo) e de 17:00 a 18:00h. (2º grupo) no baixo de Pitusa

1º:                 Sábados de 11:00 a 12:00h. no baixo de Pitusa

2º, 3º, 4º e 5º:    Venres de 16:30 a 17:30h. no Centro Social de Cabo de Cruz

6º:     Martes 16:00 a 17:00 e xoves de 17:00 a 18:00h. no Centro Social de Cabo de Cruz