miércoles, 5 de diciembre de 2012

II FESTIVAL DE NADAL- 2012

Informamos que o sábado 15 de decembro ás 18:00h. terá lugar no auditorio do Centro Social de Cabo de Cruz a celebración do II Festival de Nadal APA Loureda -2012-. 
Está aberto ó público en xeral e a entrada costa 1€ por persoa.
Os cartos recadados destinaranse á excursión de fin de curso 2012-2013 dos cativos de 5º e 6º de primaria.
Na entrada poñeranse a venta rifas por valor 1€ para o sorteo de varios agasallos doados por empresas locais (a elas o noso agradecemento por adiantado). Así mesmo, o final do espectáculo, na planta baixa do Centro poñeranse a venta doces caseiros doados polos socios da APA (a todos eles tamén o noso agradecemento).

No hay comentarios:

Publicar un comentario