miércoles, 27 de noviembre de 2013

ENSAIOS XERAIS DO FESTIVAL DE NADAL - (HORARIOS)

Os días sinalados para os ensaios xerais son: o sábado 30 de novembro e o venres 6 de decembro (festivo) no auditorio do Centro Social de Cabo de Cruz.
As horas indicadas para os grupos son:
- Desde 3 anos a 2º de primaria e exalumnos deberán estar as 17:00h. no Centro. (recolleranse @s nen@s ás 18:20h aproximadamente na porta do centro); 
- Coro deberá estar no centro sobre as 18:00h.
- De 2º a 6º, deberán estar as 18:00h. no Centro (recolleranse @s nen@s sobre as 19:30h) 

miércoles, 20 de noviembre de 2013

FESTIVAL DE NADAL 2013

Xa queda pouco para a celebración do Festival de Nadal. @s nen@s e @s monitor@s están traballando coma nunca contra reloxio porque o tempo vótase enriba e queren que todo saia ben. Durante o descanso rifaremos uns agasallos doados por La Pelu - Amparo Fernández, a Peluquería Clara, Eurogar e O Local e o Tres Catorce. Tamén, pedimos a colaboración de tódolos amigos da APA Loureda para que doen doces que se poñerán a venda cando remate o festival.
Como sabedes, xa que foi aprobada na Asemblea Xeral, os cartos recadados destinaranse ao arranxo e ampliación da aula de psicomotricidade do colexio.
O festival celebrarase o sábado 14 de decembro do 2013 ás 18:00h. no Centro Social de Cabo de Cruz.
Colaboran: Xunta de Galicia e Concello de Boiro

(Nota: xa sabedes que por medida de seguridade non podemos extralimitar o aforo do auditorio así que pregamos que si alguen se queda fora nos disculpe xa que é unha causa axeña á Asociación)

BOA NOVA DA XUNTA DE GALICIA

Acabamos de recibir una boa noticia de parte da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia.
Como sabedes, no seu día solicitamos unha subvención para as actividades extraescolares 2013 (dende o 1 de xaneiro ao 30 de novembro), pois ben, acabamos de recibir a nova de que nos concederon unha porcentaxe da cuantía solicitada. Nestres intes estamos coa xustificación e esperamos que nun par de meses xa a teñamos cobrada. 
O noso agradecemento a: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusticia. Secretaría Xeral da Igualdade

jueves, 7 de noviembre de 2013

!XA TEMOS GAÑADORES¡

Coma todos sabedes, neste trimestre tivemos dous certames: o de cabazas para celebrar o Samahín, e o de debuxo para celebrar o Magosto; os cales teñen o fin de axudar a que non se perdan as nosas tradicións. Pois ben, o xurado deliberou con moito, moito, moito traballo, dado que os traballos presentados foron imprensionantes e por iso queremos darlles os nosos parabens a todos e cada un dos participantes.
Os gañadores deste curso son:
IV Certame Samahín         
Primaria:
-          1º ciclo: Lara Ozores Chouza
-          2º ciclo: Anxo Torrado Blanco
-          3º ciclo: Paula Varela Viturro
-          Mención especial: 
                  Alberto Torrado Lendo
Infantil:
-          3 anos: Jacobo G. Blanco Mariño
-          4 anos: Noa Silva Sánchez
-          5 anos: Carla Outeiral Riveiro
-          Mención especial (5anos): 
                  Noela Lijó Torrado 
-          Mención especial (5anos):
                   Gabreila Rivas Armental
III Certame Magosto
Infantil:
3 ANOS. Mateo Triñanes Péz
4 ANOS: Atalia García Vila
5 ANOS: Sara Sánchez Yañez
Primaria:
1º CICLO: Daniel Marín Reyes
2º CICLO: DESERTO 
                  (non se presentaron debuxos)
3º CICLO: Aron Vidal Torrado

OS PREMIOS ENTREGARANSE DURANTE A CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NO COLE, QUE SI O TEMPO O PERMITE SERÁ O MARTES 12 DE NOVEMBRO

miércoles, 6 de noviembre de 2013

CERTAME DE DEBUXO: MAGOSTO

Querid@s nenos e nenas, lembrade que o xoves sete de novembro, antes das 11:00h., debedes ter entregados os vosos debuxos para o certame do Magosto. Todos aqueles debuxos que sexan entregados despois das 11:00h. non entrarán a ser valorados no concurso.
¡APURADE SE VOS ESQUECESTES !

martes, 15 de octubre de 2013

XUNTANZA DO CONSELLO ESCOLAR

Onte, 14 de outubro do 2013 tivo lugar a reunión do Consello Escolar  para ser informados e proceder a posterior aprobación  dos puntos que vos resumimos de seguido:
- Lectura e aprobación da acta anterior. Foi aprobada por unanimidade
- Informes da dirección:
..Que se colocaron as fiestras de dúas aulas (1º e 2º), e que se seguirán mandando os escritos para continuar cambiando o resto das fiestras do centro.
.. Que se pediron dúas subvencións, unha para infantil para acondicionamento e mobiliario e outra para a adquisición de 10 equipos informáticos. Ambas pendentes de resolución.
.. A aula de informática estivo pechada dado que estaban varios ordenadores escangallados e outros con virus co cal houbo que arranxar e formatar todo. A tardanza do arranxo foi debido a que tiña que vir persoal da Consellería a restablecelos. Nestes intres xa está lista para o seu uso.
Ao respecto da clase de informática, aclárase de que informática non é un área, unha sinatura, co cal depende de cada profesor facer ou non facer uso da mesma.
.. Alternativa de relixión: indican que é imposible reagrupar aos alumnos que non cursan relixión, dado que os horarios non coinciden. Informan que os maiores por regra xeral fan os deberes que teñen e encanto aos de infantil dicir que non poden adiantar curriculum con eles.
.. Aula de psicomotricidade: infórmase de que se precisa poñer o chan da aula e madeira para facer unhas portas para unha estrutura de cemento onde almacenar o material. Pídeselle ao representante do Concello que aporten o material (madeira, listóns) e si pode ser para facer a obra este Nadal. Infórmase aos presentes que a APA aprobou en asemblea xeral que o recadado no festival de Nadal iría destinado a aula de psicomotricidade.
- Aprobación, se procede, da programación Xeral Anual:
..Voluntariado Cultural: infórmase aos membros do Consello do programa de voluntariado Cultural, o cal foi solicitado para levar a cabo có alumnado do 3º ciclo de primaria e cuxo principal obxectivo é o de favorecer a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado. Levarase a cabo a acción D (lecturas compartidas dentro do Centro).
-   Apróbase por unanimidade os seguintes puntos:
.. Actividades deportivas escolares, para levar a cabo dentro e fora do centro (orientación escolar, ximnasia deportiva, baile deportivo, bolea, bádminton, campo  a través e dualón);
.. Formación do profesorado.
.. Plan director para convivencia e mellora da seguridade (charlas informativas: “discriminación por razóns de sexo ou orientación sexual” e “acoso escolar”.
.. Saídas extraescolares.

lunes, 14 de octubre de 2013

FESTIVAL DE NADAL NOVO AVISO

Estimados pais/nais: pola presente comunicamos que se amplía esta semana (do 14 ao 18/10/13) o prazo para apuntarse para participar no festival de Nadal. Durante os recreos do martes 15, xoves 17 e venres 18 un membro da directiva estará no patio para apuntar a to@s @s rapac@s que queiran participar.
Os horarios establecidos para os ensaios son (si despois tendes algún problema cos horarios debedes falalo coas monitoras de curso):

1º, 3º e 4º os venres de 17:30 a 18:30h. e 5º os martes e os xoves de 18:00 a 19:00h. no Centro  Social /  6º de 17:30 a 18:30 na casa de Silvia (mangas 45, despois do Agarimo) / infantil 5 anos de 12:00 a 13:00 e infantil de 3 e 4 anos de 16:00 a 17:00h. no baixo de sempre (nº 238, fronte a Panadería Lomba) / 2º de 11:00 a 12:00h. no baixo de sempre (nº 238, fronte a Panadería Lomba) e comezaremos o sábado 2/11/13.   /   Así mesmo, durante esta última quincena de mes, a maiores dos horarios que xa recibiron, no local Asociacións, 2º andar, do Centro Social, os martes de 16:00 a 17:00h. e os luns e mércores de 10:00 a 13:00h (preguntar aquí por Paula no salón da 3ª idade) terán atención ao soci@ para recoller o Xermolo (revista), os carnés, e o banco de libros.

RESULTADO DE SONDAXES CURSO 2013

RESULTADOS DAS SONDAXES:

A) FAMILIAS INSCRITAS NO CENTRO: 126
B)  FAMILIAS PARTICIPANTES NAS SONDAXES: 99   
C) FAMILIAS NON PARTICIPANTES NA SONDAXE: 27
(79% de participación)

UNIFORME ESCOLAR:
SI = 32    NON = 56   INDIFERENTE = 11
 XORNADA ESCOLAR:
SI  = 63   NON = 24   INDIFERENTE = 9   OUTRAS =  3
COMEDOR
SI  = 27   NON = 53   INDIFERENTE = 14   OUTRAS = 5

jueves, 10 de octubre de 2013

BANCO DE LIBROS

Estimados pais/nais:
                       Lembrade que está en marcha a solicitude e entrega de doación e préstamo de libros. Os horarios de atención ao público para tal fin son:
 MÉRCORES 9 DE OUTUBRO   DE 16:00 A 17:00H
 XOVES 10 DE OUTUBRO         DE  10:00 A 11:00H
 MÉRCORES 16 DE OUTUBRO DE 12:30 A 13:30H. E DE 16:00 A 17:00.
Lugar: Centro Social de Cabo de Cruz- 2ª andar- local Asociacións.

miércoles, 9 de octubre de 2013

PROGRAMACIÓN CULTURAL 1º TRIMESTRE

Estimados pais e nais:
1)                 Cá presente informase que a APA Loureda  publica as bases para o V Certame das Cabazas do Samahín, así coma para o III certame de Debuxo do Magosto. Poderán participar todos os alumnos (socios e non socios) do centro STª Mª do Castro. Os nenos participantes deberán entregar a súa cabaza o día 30 de outubro (NIN ANTES, NIN DESPOIS) e o seu debuxo do magosto ata o mércores 6 de novembro., ambos na conserxería do colexio.
2)               Recordatorio:A todos aqueles socios do curso 2012-2013 que aínda non recollésedes o Xermolo ou os carnés podédelo facer no Centro Social ata a mañá do 11 de outubro, so os entregará Pitusa.
3)                 Informamos que este curso será novamente a APA a encargada de levar a cabo o Festival de Nadal. Todos aqueles socios (adultos e nenos) que queirades participar téndesvos que apuntar na conserxería do colexio ata o 11 de outubro. 
4)               Recordamos que todos os que estades apuntados ás clases extraescolares de baile, patinaxe, e inglés lúdico, empezan xa nos horarios indicados este mes de outubro. Importante:As clases de patinaxe por cuestións alleas á APA cambiáronse de hora. Serán os venres de 16:15 a 17:15h no pavillón de Valiño.               ATENTAMENTE A DIRECTIVA

SONDAXES DE OPINIÓN

       
  Estimados pais/nais:
                                           Coa seguinte queremos informarlle a tódolos pais/nais do centro (non só asociados) que ata a Asociación chegaron solicitudes particulares, coas propostas do posible uso do uniforme escolar, de establecer a xornada única e o comedor  no Centro. En todo caso, aínda que queda claro, dicir que esta non é unha proposta da asociación, nin da súa directiva, e por suposto, nin do profesorado nin da Dirección do Centro.
            Ante este feito, e antes de levar a cabo calquera dilixencia dende a Asociación, consideramos que é oportuno, primeiro informar destas propostas a tódolos pais/nais do Centro, e segundo saber a súa opinión.
            Por este motivo consideramos necesario facer un sóndeo de interese anónimo, o cal, axudará a saber si é oportuno comezar cos trámites, ou non, sobre as propostas descritas.
Informamos que si os sondeos de opinión son positivos procederase a súa tramitación seguindo os seguintes pasos:
1.- Comedor: abrirase lista de interesados, pediranse presupostos, informarase aos interesados dos presupostos e tras a súa aprobación da empresa seleccionada procederase á contratación da mesma (tende en conta que o transporte d@s nen@s de volta á casa despois de comer correrá a cargo dos pais/nais). Aquí, dende a directiva, pediremos todas aquelas subvencións que saian, destinadas ao comedor escolar.
2.- Uniforme: farase una votación oficial, se os resultados son de novo positivos, pasaranse ao Consello Escolar para que aprobe o uso. En todo caso aínda que o uso do uniforme sexa aprobado polo consello o uniforme non será obrigatorio; e dicir, o pai/nai non interesados poderá prescindir do uso do uniforme e seguir coma ata agora.
3.- Xornada: informarase aos pais/nais do/s horario/s da xornada, logo, farase unha votación oficial, terase que aprobar no Consello Escolar e logo envialo á Xunta, que son os que teñen a última verba para a súa aprobación.

Rogámoslle que cubran a enquisa e a entreguen, ANTES DO VENRES 11 DE OUTUBRO,  NO CENTRO. Unha vez feito o reconto poñeremos unha nota informativa no taboleiro de anuncios da entrada do Centro e no blog da Asociación. (www.cabodecruz.org)
 

jueves, 12 de septiembre de 2013

COMENZA O CURSO 2013-2014

Estimados pais e nais:
                                       BENVIDOS A TOD@S AO NOVO CURSO ESCOLAR.
Pola presente comunicámoslles que se atopa ó cobro a cota da A.P.A. correspondente ó curso escolar 2013/2014. Esta cota, importe de 25€/anuais, poden abonala en efectivo na conserxería do colexio antes do vindeiro 31 de outubro.
Ao mesmo tempo, deberán entregar a ficha de socio TOTALMENTE CUBERTA, para poder ter unha relación efectiva das familias  socias da A.P.A. e dos alumnos beneficiarios (para os alumnos de preescolar, indicar claramente en que aula están: 3 anos, 4 anos ou 5 anos). Tamén deberedes entregar una foto tamaño carne de cada un dos vosos fillos matriculados no colexio STª Mª do Castro para pegar no carne, dado que do contrario algunhas casa comerciais non vos farán os descontos.. Unha vez inscritos entregaráselles nuns días o carné de socio aos novos membros. Os que xa sodes socios debades levar o carne que xa tendes para que vos cuñen a validez deste curso no momento de facer o pago. Os que aínda non recollésedes o carne lembrade que o podedes facer no Centro Social a partir do 23 de setembro ao 11 de outubro e so o entregará Pitusa, ademais recordade que deberedes aportar 1 € en concepto de “multa” e en caso de extravío, deberedes pagar 2€ pola reposición do carne.

Igualmente remitímoslles información sobre as ACTIVIDADES EXTRA ESCOLARES que se van levar a cabo este curso SO PARA SOCIOS e que comezarán a primeira semana de outubro polo que deben inscribirse antes do día 26 de setembro na conserxería do colexio. (abertas todo o curso) a partires de outubro no Centro Social de Cabo de Cruz. As actividade que non alcancen o número mínimo de alumnos quedarán suspendidas ata lograr o grupo.
   TEATRO: 1h. á semana, os martes de 16:00 a 17:00h.  15€/ mes  PENDENTE DE GRUPO
INGLÉS LÚDICO: 1h. á semana, os martes de 17:00 a 18:00h.  12€/ mes (a partir de 3 anos). INICIADO
MANUALIDADES 1,5h. a semana, os mércores de 17:30 a 19:00h. 15€ /mes ou 18€mes 2h.
(a partir de 6 anos) INICIADO
BAILE MODERNO / ZUMBA: 1h. a semana, os xoves de 16:00 a 18:00h. 15€ /mes (a partir de 3-grupos por idades) Adultos 18€mes horario pendente preguntar a Pitusa a partir do 23 de setembro. INICIADOS
BALLET: 1hora á semana, os mércores de 17:30 a 18:30h.. 15€ mes (a partir de 3 anos- grupos por idades)PENDENTE DE GRUPO
REFORZO E APOIO ESCOLAR: 1h. a semana, os xoves de 17:00 a 18:00h.  12€/ mes
 (a partir de 8 anos) PENDENTE DE GRUPO
FOTOGRAFÍA: 1,5h. á semana, os mércores de 17:30h. a 19:00h. 20€mes material incluído excepto cámara fotográfica (a partir de 6 anos) PENDENTE DE GRUPO
PINTURA E DEBUXO: 1h. á semana, os xoves de 18:00h. a 19:00h. 15€mes PENDENTE DE GRUPO
Todas estas actividades impartiranse no Centro Social de Cabo de Cruz  (NOTA: os non socios poden ter acceso a estas actividades a través do C. Social, preguntar no mesmo)

 PATINAXE: 1h. á semana, os venres de 16:15 a 17:15h. 12€ / mes  (a partir de 3 anos) INICIADO
INFORMÁTICA, 1h. á semana, os venres de 16:00 a 17:00h. 15€ / mes (a partir 5 anos sabendo ler e escribir) PENDENTE DE GRUPO
Estas duas actividades impartiranse no colexio

Estas actividades (excepto inglés, debuxo e pintura e informática) están abertas tamén ós adultos.
Aforro por actividade 5€/mes respecto do custo xeral para non socios.

Tamén podedes pasar a recoller o Xermolo (revista da APA) todos os socios do curso anterior: 2012-2013 do 23 de setembro ao 11 de outubro (so o entregará Pitusa previa presentación do carne de socio)

MOI IMPORTANTE: Informamos que a partires de este curso, si non presentades o carne nas distintas actividades non poderedes optar a elas ou ter os descontos pertinentes. (Por certo, este curso tendes desconto en material na Librería O Cisne)
. As actividades extraescolares deberán ser aboadas dentro dos primeiros 15 días do mes. De non ser aboadas nese tempo, o participante pode ser expulsado por impagamento.
. Todos aqueles soci@s que non recollan ou entreguen a documentación que se remita ou pida no tempo e forma sinalados deberá aboar 1€ en concepto de “multa” por non cumprir os prazos establecidos.

Por último indicarvos que nuns días recibiredes a convocatoria da Asemblea Xeral e logo, coma é costume, a través das notas que vos levarán os vosos fillos iremos informando de todo o que aconteza ao longo do curso. Recordade que para calquera incidencia que teñades o longo do curso tendes que cubrir o impreso que atoparedes na conserxería do Colexio e remitila a directiva da asociación.

   Na espera de poder facer unha A.P.A. forte e co apoio de todos, esperamos que tódalas familias se fagan socias e podamos botar unha man, no bo funcionamento do colexio dos nosos fillos.
Atentamente, A XUNTA DIRECTIVA           
Cabo de Cruz, 12 de setembro do 2013.


jueves, 4 de julio de 2013

ACTIVIDADES VERÁN 2013

Estimad@s amig@s;
Coa presente informamos que o Campamento Urbano do verán 13 non se levará a cabo por non acadar o nº mínimo de participantes. Así mesmo informamos que as clases extraescolares (baile, teatro,etc) continúan , co fin de axudar a conciliación da vida laboral e familiar, do 1 de xullo ao 31 de agosto (excepto patinaxe) no Centro Social de Cabo de Cruz con horarios de mañán. Os interesados podedes pasar polo Centro e obter toda a información.
Colabora: Concello de Boiro e Diputación da Coruña.

martes, 28 de mayo de 2013

VI ROMARÍA APA LOUREDA

Estimad@s Soci@s:
                                  Pola presente informámoslles que o SÁBADO, 15 DE XUÑO DO 2013 na área recreativa de SAN RAMÓN DE BEALO, terá lugar a festa dos socios: “VI Romaría de Socios APA Loureda”.
   Poderán asistir a romaría os socios, os fillos de socios matriculados durante este curso 2012-2013 no colexio STª Mª do Castro e os parentes en primeiro grado (pais e fillos; ou sexa, os irmáns e avós dos nenos matriculados no centro que sexan socios).
Todos os que queirades asistir a romaría debédevos de inscribir no Centro Social de Cabo de Cruz  antes do 12 de xuño do 2013, presentando o carné de soci@.
Así mesmo desde a directiva da APA acordouse o seguinte:
· Que os nenos socios terán subvencionado pola APA o cento por cento do importe do menú (15€); ou sexa, será gratis para os nen@s soci@s, os cales deben inscribirse e retirar o seu bono comida. Os bonos dos nenos  deben ser retirados por un adulto e presentar o carné de soci@
· Que dous familiares directos dos nenos socios (sexan pai e nai ou nai e irmá, dous avós, etc.) terán  subvencionado 3€ do custo total do menú, tendo que aboar eles o resto do importe (14€)
· Os demais familiares, en primeiro grado, dos socios que queiran asistir á Romaría,  poden gozar e participar do programa elaborado e teñen a opción a reservar o menú pero sufragando o cento por cento do mesmo (17€).
· Así mesmo, poden participar na romaría ex socios (e os familiares en 1º grao) que deixaran de selo, única e exclusivamente, por terminar de cursar os ciclos educativos do Centro e  sempre e cando, fosen socios da APA un mínimo de dous anos. Estes ex socios teñen a opción de reservar o menú pero pagando o cento por cento do mesmo (17€).
· En calquera dos casos, no momento da reserva do menú, deben facelo efectivo e entregaráselles  o bono comida que será trocado o día da romaría.
Ante a perda do bono comida a APA non se fai responsable e non se repartirá o menú a aquelas persoas que non entreguen o bono. “Gardádeo ben”.
· O custo do menú é de 17€ por persoa, ven pratado e inclúe:
                 Ración de:  
                                   .. empanada de atún 
                                   .. tortilla española    
                                   .. churrasco de porco
                              .. pan e bebidas (auga, refrescos e viño)   
                               .. prostre (flan)    
                                    .. café e chupito (só adultos)   
                                    .. inclúense cubertos, vaso e servilleta.
· Todos aqueles socios ou familiares que non queiran menú, poden levar a comida da casa, pero en todo caso, deben inscribirse igualmente por mor da organización das actividades programadas para ese día.

Os que non sodes socios se queredes asistir a festa, só tendes que facervos socios pagando a cota de 25€ anuais na conserxería do colexio.
COLABORA: DEPUTACIÓN DA CORUÑA..

CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN

Estimad@s soci@s: A Directiva da APA có fin de conciliar a vida laboral coa familiar propón para soci@s e non soci@s (incremento custo para non socios), un Campamento Urbano de Verán. A groso modo a actividade consiste en:
. O campamento levaríase a cabo de luns a venres de 9:30 a 13:30h con posibilidade de 11:30 a 13:30h. para os máis cativos, nos meses de xullo e agosto, no pavillón de Valiño.
. As idades dos participantes serían de 2 a 12 anos (grupos por idades). E o grupo mínimo para impartilo sería de 10 nenos e o máximo de 60.
. Contidos: psicomotricidade para os máis pequenos e matemáticas divertidas para os maiores, cociña, manualidades, inglés divertido, natureza, xogos tradicionais, recreo (deben levar a merenda), festa quincenal (auga ou xogos e bailes).
. Monitorado: 1 monitor por cada 15 nenos, formado en protocolo de accidentes.
. Custo: os prezos son aproximados porque todo depende do número de participantes pero no suposto de que foran de 10 a 15 nenos, custaría 63€ mes; de 16 a 30 nenos, 60€ mes. No caso de dúas horas en vez das catro: de 10 a 15 nenos 33€ e 30 nenos 28€ mes.
. Formúlase o servizo de recollida dos participantes no fogar: isto levaría un plus: si son 3 ou 4 nenos recolleríanos as monitoras nos seus vehículos persoais e habería que deixarlles as cadeiras; o custo deste servizo sería de 15€mes; pero si son máis contrataríase un servizo de taxi cuxo prezo está por determinar.
. Plan érguete: consiste en atender aos participantes de 8:00h a 9:30h. dándolle  almorzo o cal custaría para 15 nenos mínimo un incremento de 15€ mes. Este servizo non se fai si non hai un mínimo de 8-9 nenos.
Estes prezos son para socios, os non socios teñen un incremento de 5€ en cada servizo ou actividade.
Os interesados deben apuntarse para participar nesta actividade antes do 13 de xuño na conserxería do colexio.
Colabora: Concello de Boiro e Deputación da Coruña


miércoles, 8 de mayo de 2013

REUNIÓNS E ASEMBLEAS 2013

. Reunión excursión 2013: A APA informa que o próximo sábado 11 de maio ás 18:00h. no Salón Social da 3ª Idade do Centro Social de Cabo de Cruz, terá lugar a derradeira xuntanza sobre a excursión de fin de curso 2013 onde se explicarán todos e cada un dos detalles pechando así a organización desta actividade.

. 2ª Asemblea Xeral de socios curso 2012-2013 da APA Loureda. Infórmase que o próximo sábado 25 de maio procederase á celebración desta asemblea ás 18:00h. no Centro Social de Cabo de Cruz. Nus días faremos chegar a orde do día a todol@s asociad@s.

miércoles, 17 de abril de 2013

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DO CONSELLO ESCOLAR

O 10 de abril convocouse unha xuntanza extraordinaria do Consello Escolar para tratar os puntos que vos resumimos de seguido:
. Aprobouse por unanimidade pedir a sección bilingüe. Esto consiste en impartir unha materia en inglés. A materia escollida é a de plástica, coma experiencia piloto, dado que so se imparte unha hora a semana e resulta máis práctica que teórica. Este programa está destinado ó curso de 6º de primaria e no seguinte curso preténdese solicitar para 5º, quedando o alumnado de 3º ciclo incluido no programa.
. Informouse do programa da semana cultural  onde se realizarán diferentes actividades dende o xoves 9 ao xoves 16 de maio: obradoiros de teatro, corto de animación, obradoiros de expresión oral, investigacións sobre o homenaxeado Roberto Vidal Bolaño, representacións teatrais, etc.
Solicitouse de novo o programa de Inmersión lingüística; programa de campamento de inglés gratuito destinado a nen@s de 6º curso.
Presentación e participación en concursos:@s cativ@s de infantil realizan un corto de animación con plástilina e música, que tanto gañen coma non, será retransmitido pola TVG. E os cativos de 1º e 2º de primaria presentaranse cun traballo de recitación de poemas de Rosalia de Castro e música.
. Cambio de fiestrasO Xefe Territorial, acompañado do Alcalde visitaron o centro para tratar o cambio das fiestras. O Xefe Territorial acordou ir pouco a pouco, empezando por cambiar duas aulas (16 fiestras) pero o día que o presupostador veo ao colexo, informou que tiña orde de presupostar o cambio de so catro fiestras. Dito feito notificouse ao representante do Concello no Consello Escolar para que tomen as medidas oportunas.

martes, 12 de marzo de 2013

XA TEMOS APARCAMENTO

Como tod@s podestedes ver xa temos aparcamento novo diante do colexio.Tivemos case un ano de espera pero ao final o Concello de Boiro cumpleo coa promesa que no seu día lle fixo a directiva da APA. 
 Como vos informamos, no seu día, a APA púxose en contacto co presidente da Unión para que colaborara nesta andanza e lograr o obxectivo. Tras a reunión mantida (presidente da Unión Benigno Sánchez, Presidenta da APA, Pitusa Lomba, e directora do Centro Marisol) acordouse intentar levar o proxecto a cabo. Así mesmo, coma a APA non podía optar a subvencións para este tipo de obras, sería a Unión quen a pedería e o restante pretendíase que o sufragara o Concello de Boiro. Nesa reunión, acordouse que o presidente da Unión, solicitaría reunión co gabinete de alcaldía para tratar o tema e pedirían a subvención para acometer a obra. 
Cando Benigno S. e a súa directiva presentaron a súa dimisión, a presidenta falou con eles para ver como estaba o tema do aparcamento. Neses intres comunicouselle que a Unión xa non estaba no proxecto a pesares de ter una pequena subvención para tal fin, e que se faría só desde o Concello. Según isto, a presidenta da APA solicitou reunión có Alcalde para informarse detalladamente do tema. Tal reunión conclueu coa promesa do Alcalde de que a obra se levaría a cabo e con certas condición que presentou a APA. 
Por iso queremos agradecer  ao Concello de Boiro e en especial ao Alcalde que cumprira a súa palabra e agora teñamos o aparcamento. MOITAS GRACIAS POR TODO.

viernes, 15 de febrero de 2013

REUNIÓN EXCURSIÓN

O  vindeiro sábado 23 de febreiro ás 18:00h. no Centro Social de Cabo de Cruz levarase a cabo una reunión de directiva c@s pais, nais e tutores dos rapaces apuntados para a excursión de fin de curso. Esta reunión ten carácter obligatorio, polo que almenos un familiar dos rapaces debe axistir á reunión.

viernes, 8 de febrero de 2013

ANTROIDO 2013

Co fin de recadar fondos para a excursión de fin de curso a APA Loureda, xunto co grupo de familiares e alumn@s de 5º e 6º de primaria organizan as seguintes actividades para recadar fondos para a excursión de fin de curso:
. Venres 8 das 20:30 as 24:00h. montarán un servicio de bar no baile de disfraces que terá lugar no Centro Social de Cabo de Cruz.
Sábado 9 ás 17:00h. na lonxa de Cabo de Cruz levarase a cabo a festa do Antroido para @s cativ@s. Baile, concursos, chocolate, colchonetas.... e moito máis podedes atopar nesta festa que promete ser moi divertida.(Entrada 1€).
Ambos eventos están abertos ao público en xeral.
A APA quere agradecer aos  mariscador@s da Cofradía de Cabo de Cruz, así coma o seu Patrón Maior,  a súa colaboración desinteresada. Colaboran ademais o Concello de Boiro e a Deputación da Coruña- Gracias a todos.


martes, 29 de enero de 2013

REUNIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

O pasado 21 de xaneiro tivo lugar a xuntanxa do Consello Escolar polo que vos queremos informar, a modo de resumo, dos puntos tratatos:
. Aprobouse a memoria económica curso 2011-2012 (haber)
. Nombrouse a  Reyes Fernández como representante da comisión económica
. Nombroue a Agustín Rivas coma representante da comisión medioambiental
. Indicouse a necesidade de realizar certas obras no centro e en especial, na caldeira e no patio de infantil..
. Ábrese o plazo de novas matrículas en marzo.
. Informouse o representante do Concello das obras que están pendentes de realizar, do cobro das subvencións, entre outros ausuntos para que tomaran as medidas oportunas.
. Así mesmo enumerouse a actividade didáctico cultural para o seguinte trimestre. Lebaranse a cabo as seguintes:
.. Deporte escolar (programa deportivo entre colexios)
.. Día da Paz
.. Día da Prensa
.. Día da Muller
.. Exposición: "A mirada dos protagonistas" e charlas. (Tema sobre a adopción)
.. Activ. medioambiental: limpeza da praia de Cargueiros (1º e 2º ciclo)
.. Programa de Normalización Lingüística 
.. Semana cultural: tema central "Teatro" 
.. Proxecto ABALAR.
.. Conferencia sobre os perigros de Internet (4/02/13)
.. Antroido 2013. Tema central: "Feria Medieval" (8/02/13 se o tempo o permite)
.. Avaliación de diagnóstico (4º curso)
.. Conferencia da escritora Ana Alfalla. Traballando o comic e exposición.
. Os representantes dos pais/nais expuxeron certas incidencias acontecidas dende primeiros de curso para que estas foran tidas en conta e que non se volveran a repetir.

FESTA DE ANTROIDO 2013

Antroido 2012 Apa Loureda
Adiantamos que o vindeiro sábado 9 de febreiro na lonxa de Cabo de Cruz, terá lugar a festa de disfraces para nen@s. Chocolate, doces típicos, colchonetas, xogos, concurso... compoñen o programa desta divertida velada. Entrada 1€. Aberto ao público en xeral.
Os cartos recadados destinaranse á viaxe de fin de curso.
Nuns días publicaremos esta información máis detallada.

jueves, 10 de enero de 2013

RECADACIÓN DO FESTIVAL

Infórmase que a recadación do Festival de Nadal 2012 que vai destinada á excursión de fin de curso ascendeu a 915€ (rifas 128€, entradas 323€ e doces 464€).
Coma vedes foi todo un éxito polo que a Directiva e soci@s da APA agradecen aos amigos, familiares e público en xeral a súa colaboración.

CARNE DE SOCI@

Estimad@s soci@s:
Coa presente informamos que poden pasar a recoller os carnés. Poden facelo, gratuitamente ata o 31 de xaneiro. A partires desta data deberán aboar 1€ por cada carné. Recorden que os carnés levan consigo descontos comerciais. Así mesmo a partires de agora pediranse os carnes para certas actividades e delixencias.
Os carnes pódense recoller no Centro Social de Cabo de Cruz, os luns de 10:00 a 13:30h, os martes e mércores de 10:00 a 12:00h. e de 16:00 a 18:00h. (Serán entregados única e exclusivamente por Pitusa).
Absterse de facer reclamacións ou comentarios a outr@s traballador@s do concello que se atopen sustituindo á persoa colaboradora)
MOI, MOI, PERO QUE MOI IMPORTANTE: SO SE ENTREGARÁN NOS HORARIOS ESTABLECIDOS E SO OS ENTREGARÁ PITUSA.
Tod@s aqueles que non entregástedes a foto podedela traer cando veñades a recoller o carne, dado que sin a foto non podedes optar a parte dos descontos comerciais. Téndela que traer porque débese cruñar.
A partires de agora os carnes emitidos débense gardar para os seguintes tres cursos: unha vez pagadas as cuotas dos cursos, activarase o carne no curso correspondente.
Gracias pola súa colaboración.