martes, 28 de mayo de 2013

VI ROMARÍA APA LOUREDA

Estimad@s Soci@s:
                                  Pola presente informámoslles que o SÁBADO, 15 DE XUÑO DO 2013 na área recreativa de SAN RAMÓN DE BEALO, terá lugar a festa dos socios: “VI Romaría de Socios APA Loureda”.
   Poderán asistir a romaría os socios, os fillos de socios matriculados durante este curso 2012-2013 no colexio STª Mª do Castro e os parentes en primeiro grado (pais e fillos; ou sexa, os irmáns e avós dos nenos matriculados no centro que sexan socios).
Todos os que queirades asistir a romaría debédevos de inscribir no Centro Social de Cabo de Cruz  antes do 12 de xuño do 2013, presentando o carné de soci@.
Así mesmo desde a directiva da APA acordouse o seguinte:
· Que os nenos socios terán subvencionado pola APA o cento por cento do importe do menú (15€); ou sexa, será gratis para os nen@s soci@s, os cales deben inscribirse e retirar o seu bono comida. Os bonos dos nenos  deben ser retirados por un adulto e presentar o carné de soci@
· Que dous familiares directos dos nenos socios (sexan pai e nai ou nai e irmá, dous avós, etc.) terán  subvencionado 3€ do custo total do menú, tendo que aboar eles o resto do importe (14€)
· Os demais familiares, en primeiro grado, dos socios que queiran asistir á Romaría,  poden gozar e participar do programa elaborado e teñen a opción a reservar o menú pero sufragando o cento por cento do mesmo (17€).
· Así mesmo, poden participar na romaría ex socios (e os familiares en 1º grao) que deixaran de selo, única e exclusivamente, por terminar de cursar os ciclos educativos do Centro e  sempre e cando, fosen socios da APA un mínimo de dous anos. Estes ex socios teñen a opción de reservar o menú pero pagando o cento por cento do mesmo (17€).
· En calquera dos casos, no momento da reserva do menú, deben facelo efectivo e entregaráselles  o bono comida que será trocado o día da romaría.
Ante a perda do bono comida a APA non se fai responsable e non se repartirá o menú a aquelas persoas que non entreguen o bono. “Gardádeo ben”.
· O custo do menú é de 17€ por persoa, ven pratado e inclúe:
                 Ración de:  
                                   .. empanada de atún 
                                   .. tortilla española    
                                   .. churrasco de porco
                              .. pan e bebidas (auga, refrescos e viño)   
                               .. prostre (flan)    
                                    .. café e chupito (só adultos)   
                                    .. inclúense cubertos, vaso e servilleta.
· Todos aqueles socios ou familiares que non queiran menú, poden levar a comida da casa, pero en todo caso, deben inscribirse igualmente por mor da organización das actividades programadas para ese día.

Os que non sodes socios se queredes asistir a festa, só tendes que facervos socios pagando a cota de 25€ anuais na conserxería do colexio.
COLABORA: DEPUTACIÓN DA CORUÑA..

CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN

Estimad@s soci@s: A Directiva da APA có fin de conciliar a vida laboral coa familiar propón para soci@s e non soci@s (incremento custo para non socios), un Campamento Urbano de Verán. A groso modo a actividade consiste en:
. O campamento levaríase a cabo de luns a venres de 9:30 a 13:30h con posibilidade de 11:30 a 13:30h. para os máis cativos, nos meses de xullo e agosto, no pavillón de Valiño.
. As idades dos participantes serían de 2 a 12 anos (grupos por idades). E o grupo mínimo para impartilo sería de 10 nenos e o máximo de 60.
. Contidos: psicomotricidade para os máis pequenos e matemáticas divertidas para os maiores, cociña, manualidades, inglés divertido, natureza, xogos tradicionais, recreo (deben levar a merenda), festa quincenal (auga ou xogos e bailes).
. Monitorado: 1 monitor por cada 15 nenos, formado en protocolo de accidentes.
. Custo: os prezos son aproximados porque todo depende do número de participantes pero no suposto de que foran de 10 a 15 nenos, custaría 63€ mes; de 16 a 30 nenos, 60€ mes. No caso de dúas horas en vez das catro: de 10 a 15 nenos 33€ e 30 nenos 28€ mes.
. Formúlase o servizo de recollida dos participantes no fogar: isto levaría un plus: si son 3 ou 4 nenos recolleríanos as monitoras nos seus vehículos persoais e habería que deixarlles as cadeiras; o custo deste servizo sería de 15€mes; pero si son máis contrataríase un servizo de taxi cuxo prezo está por determinar.
. Plan érguete: consiste en atender aos participantes de 8:00h a 9:30h. dándolle  almorzo o cal custaría para 15 nenos mínimo un incremento de 15€ mes. Este servizo non se fai si non hai un mínimo de 8-9 nenos.
Estes prezos son para socios, os non socios teñen un incremento de 5€ en cada servizo ou actividade.
Os interesados deben apuntarse para participar nesta actividade antes do 13 de xuño na conserxería do colexio.
Colabora: Concello de Boiro e Deputación da Coruña


miércoles, 8 de mayo de 2013

REUNIÓNS E ASEMBLEAS 2013

. Reunión excursión 2013: A APA informa que o próximo sábado 11 de maio ás 18:00h. no Salón Social da 3ª Idade do Centro Social de Cabo de Cruz, terá lugar a derradeira xuntanza sobre a excursión de fin de curso 2013 onde se explicarán todos e cada un dos detalles pechando así a organización desta actividade.

. 2ª Asemblea Xeral de socios curso 2012-2013 da APA Loureda. Infórmase que o próximo sábado 25 de maio procederase á celebración desta asemblea ás 18:00h. no Centro Social de Cabo de Cruz. Nus días faremos chegar a orde do día a todol@s asociad@s.