martes, 28 de mayo de 2013

CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN

Estimad@s soci@s: A Directiva da APA có fin de conciliar a vida laboral coa familiar propón para soci@s e non soci@s (incremento custo para non socios), un Campamento Urbano de Verán. A groso modo a actividade consiste en:
. O campamento levaríase a cabo de luns a venres de 9:30 a 13:30h con posibilidade de 11:30 a 13:30h. para os máis cativos, nos meses de xullo e agosto, no pavillón de Valiño.
. As idades dos participantes serían de 2 a 12 anos (grupos por idades). E o grupo mínimo para impartilo sería de 10 nenos e o máximo de 60.
. Contidos: psicomotricidade para os máis pequenos e matemáticas divertidas para os maiores, cociña, manualidades, inglés divertido, natureza, xogos tradicionais, recreo (deben levar a merenda), festa quincenal (auga ou xogos e bailes).
. Monitorado: 1 monitor por cada 15 nenos, formado en protocolo de accidentes.
. Custo: os prezos son aproximados porque todo depende do número de participantes pero no suposto de que foran de 10 a 15 nenos, custaría 63€ mes; de 16 a 30 nenos, 60€ mes. No caso de dúas horas en vez das catro: de 10 a 15 nenos 33€ e 30 nenos 28€ mes.
. Formúlase o servizo de recollida dos participantes no fogar: isto levaría un plus: si son 3 ou 4 nenos recolleríanos as monitoras nos seus vehículos persoais e habería que deixarlles as cadeiras; o custo deste servizo sería de 15€mes; pero si son máis contrataríase un servizo de taxi cuxo prezo está por determinar.
. Plan érguete: consiste en atender aos participantes de 8:00h a 9:30h. dándolle  almorzo o cal custaría para 15 nenos mínimo un incremento de 15€ mes. Este servizo non se fai si non hai un mínimo de 8-9 nenos.
Estes prezos son para socios, os non socios teñen un incremento de 5€ en cada servizo ou actividade.
Os interesados deben apuntarse para participar nesta actividade antes do 13 de xuño na conserxería do colexio.
Colabora: Concello de Boiro e Deputación da Coruña


No hay comentarios:

Publicar un comentario