martes, 15 de octubre de 2013

XUNTANZA DO CONSELLO ESCOLAR

Onte, 14 de outubro do 2013 tivo lugar a reunión do Consello Escolar  para ser informados e proceder a posterior aprobación  dos puntos que vos resumimos de seguido:
- Lectura e aprobación da acta anterior. Foi aprobada por unanimidade
- Informes da dirección:
..Que se colocaron as fiestras de dúas aulas (1º e 2º), e que se seguirán mandando os escritos para continuar cambiando o resto das fiestras do centro.
.. Que se pediron dúas subvencións, unha para infantil para acondicionamento e mobiliario e outra para a adquisición de 10 equipos informáticos. Ambas pendentes de resolución.
.. A aula de informática estivo pechada dado que estaban varios ordenadores escangallados e outros con virus co cal houbo que arranxar e formatar todo. A tardanza do arranxo foi debido a que tiña que vir persoal da Consellería a restablecelos. Nestes intres xa está lista para o seu uso.
Ao respecto da clase de informática, aclárase de que informática non é un área, unha sinatura, co cal depende de cada profesor facer ou non facer uso da mesma.
.. Alternativa de relixión: indican que é imposible reagrupar aos alumnos que non cursan relixión, dado que os horarios non coinciden. Informan que os maiores por regra xeral fan os deberes que teñen e encanto aos de infantil dicir que non poden adiantar curriculum con eles.
.. Aula de psicomotricidade: infórmase de que se precisa poñer o chan da aula e madeira para facer unhas portas para unha estrutura de cemento onde almacenar o material. Pídeselle ao representante do Concello que aporten o material (madeira, listóns) e si pode ser para facer a obra este Nadal. Infórmase aos presentes que a APA aprobou en asemblea xeral que o recadado no festival de Nadal iría destinado a aula de psicomotricidade.
- Aprobación, se procede, da programación Xeral Anual:
..Voluntariado Cultural: infórmase aos membros do Consello do programa de voluntariado Cultural, o cal foi solicitado para levar a cabo có alumnado do 3º ciclo de primaria e cuxo principal obxectivo é o de favorecer a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado. Levarase a cabo a acción D (lecturas compartidas dentro do Centro).
-   Apróbase por unanimidade os seguintes puntos:
.. Actividades deportivas escolares, para levar a cabo dentro e fora do centro (orientación escolar, ximnasia deportiva, baile deportivo, bolea, bádminton, campo  a través e dualón);
.. Formación do profesorado.
.. Plan director para convivencia e mellora da seguridade (charlas informativas: “discriminación por razóns de sexo ou orientación sexual” e “acoso escolar”.
.. Saídas extraescolares.

lunes, 14 de octubre de 2013

FESTIVAL DE NADAL NOVO AVISO

Estimados pais/nais: pola presente comunicamos que se amplía esta semana (do 14 ao 18/10/13) o prazo para apuntarse para participar no festival de Nadal. Durante os recreos do martes 15, xoves 17 e venres 18 un membro da directiva estará no patio para apuntar a to@s @s rapac@s que queiran participar.
Os horarios establecidos para os ensaios son (si despois tendes algún problema cos horarios debedes falalo coas monitoras de curso):

1º, 3º e 4º os venres de 17:30 a 18:30h. e 5º os martes e os xoves de 18:00 a 19:00h. no Centro  Social /  6º de 17:30 a 18:30 na casa de Silvia (mangas 45, despois do Agarimo) / infantil 5 anos de 12:00 a 13:00 e infantil de 3 e 4 anos de 16:00 a 17:00h. no baixo de sempre (nº 238, fronte a Panadería Lomba) / 2º de 11:00 a 12:00h. no baixo de sempre (nº 238, fronte a Panadería Lomba) e comezaremos o sábado 2/11/13.   /   Así mesmo, durante esta última quincena de mes, a maiores dos horarios que xa recibiron, no local Asociacións, 2º andar, do Centro Social, os martes de 16:00 a 17:00h. e os luns e mércores de 10:00 a 13:00h (preguntar aquí por Paula no salón da 3ª idade) terán atención ao soci@ para recoller o Xermolo (revista), os carnés, e o banco de libros.

RESULTADO DE SONDAXES CURSO 2013

RESULTADOS DAS SONDAXES:

A) FAMILIAS INSCRITAS NO CENTRO: 126
B)  FAMILIAS PARTICIPANTES NAS SONDAXES: 99   
C) FAMILIAS NON PARTICIPANTES NA SONDAXE: 27
(79% de participación)

UNIFORME ESCOLAR:
SI = 32    NON = 56   INDIFERENTE = 11
 XORNADA ESCOLAR:
SI  = 63   NON = 24   INDIFERENTE = 9   OUTRAS =  3
COMEDOR
SI  = 27   NON = 53   INDIFERENTE = 14   OUTRAS = 5

jueves, 10 de octubre de 2013

BANCO DE LIBROS

Estimados pais/nais:
                       Lembrade que está en marcha a solicitude e entrega de doación e préstamo de libros. Os horarios de atención ao público para tal fin son:
 MÉRCORES 9 DE OUTUBRO   DE 16:00 A 17:00H
 XOVES 10 DE OUTUBRO         DE  10:00 A 11:00H
 MÉRCORES 16 DE OUTUBRO DE 12:30 A 13:30H. E DE 16:00 A 17:00.
Lugar: Centro Social de Cabo de Cruz- 2ª andar- local Asociacións.

miércoles, 9 de octubre de 2013

PROGRAMACIÓN CULTURAL 1º TRIMESTRE

Estimados pais e nais:
1)                 Cá presente informase que a APA Loureda  publica as bases para o V Certame das Cabazas do Samahín, así coma para o III certame de Debuxo do Magosto. Poderán participar todos os alumnos (socios e non socios) do centro STª Mª do Castro. Os nenos participantes deberán entregar a súa cabaza o día 30 de outubro (NIN ANTES, NIN DESPOIS) e o seu debuxo do magosto ata o mércores 6 de novembro., ambos na conserxería do colexio.
2)               Recordatorio:A todos aqueles socios do curso 2012-2013 que aínda non recollésedes o Xermolo ou os carnés podédelo facer no Centro Social ata a mañá do 11 de outubro, so os entregará Pitusa.
3)                 Informamos que este curso será novamente a APA a encargada de levar a cabo o Festival de Nadal. Todos aqueles socios (adultos e nenos) que queirades participar téndesvos que apuntar na conserxería do colexio ata o 11 de outubro. 
4)               Recordamos que todos os que estades apuntados ás clases extraescolares de baile, patinaxe, e inglés lúdico, empezan xa nos horarios indicados este mes de outubro. Importante:As clases de patinaxe por cuestións alleas á APA cambiáronse de hora. Serán os venres de 16:15 a 17:15h no pavillón de Valiño.               ATENTAMENTE A DIRECTIVA

SONDAXES DE OPINIÓN

       
  Estimados pais/nais:
                                           Coa seguinte queremos informarlle a tódolos pais/nais do centro (non só asociados) que ata a Asociación chegaron solicitudes particulares, coas propostas do posible uso do uniforme escolar, de establecer a xornada única e o comedor  no Centro. En todo caso, aínda que queda claro, dicir que esta non é unha proposta da asociación, nin da súa directiva, e por suposto, nin do profesorado nin da Dirección do Centro.
            Ante este feito, e antes de levar a cabo calquera dilixencia dende a Asociación, consideramos que é oportuno, primeiro informar destas propostas a tódolos pais/nais do Centro, e segundo saber a súa opinión.
            Por este motivo consideramos necesario facer un sóndeo de interese anónimo, o cal, axudará a saber si é oportuno comezar cos trámites, ou non, sobre as propostas descritas.
Informamos que si os sondeos de opinión son positivos procederase a súa tramitación seguindo os seguintes pasos:
1.- Comedor: abrirase lista de interesados, pediranse presupostos, informarase aos interesados dos presupostos e tras a súa aprobación da empresa seleccionada procederase á contratación da mesma (tende en conta que o transporte d@s nen@s de volta á casa despois de comer correrá a cargo dos pais/nais). Aquí, dende a directiva, pediremos todas aquelas subvencións que saian, destinadas ao comedor escolar.
2.- Uniforme: farase una votación oficial, se os resultados son de novo positivos, pasaranse ao Consello Escolar para que aprobe o uso. En todo caso aínda que o uso do uniforme sexa aprobado polo consello o uniforme non será obrigatorio; e dicir, o pai/nai non interesados poderá prescindir do uso do uniforme e seguir coma ata agora.
3.- Xornada: informarase aos pais/nais do/s horario/s da xornada, logo, farase unha votación oficial, terase que aprobar no Consello Escolar e logo envialo á Xunta, que son os que teñen a última verba para a súa aprobación.

Rogámoslle que cubran a enquisa e a entreguen, ANTES DO VENRES 11 DE OUTUBRO,  NO CENTRO. Unha vez feito o reconto poñeremos unha nota informativa no taboleiro de anuncios da entrada do Centro e no blog da Asociación. (www.cabodecruz.org)