miércoles, 9 de octubre de 2013

SONDAXES DE OPINIÓN

       
  Estimados pais/nais:
                                           Coa seguinte queremos informarlle a tódolos pais/nais do centro (non só asociados) que ata a Asociación chegaron solicitudes particulares, coas propostas do posible uso do uniforme escolar, de establecer a xornada única e o comedor  no Centro. En todo caso, aínda que queda claro, dicir que esta non é unha proposta da asociación, nin da súa directiva, e por suposto, nin do profesorado nin da Dirección do Centro.
            Ante este feito, e antes de levar a cabo calquera dilixencia dende a Asociación, consideramos que é oportuno, primeiro informar destas propostas a tódolos pais/nais do Centro, e segundo saber a súa opinión.
            Por este motivo consideramos necesario facer un sóndeo de interese anónimo, o cal, axudará a saber si é oportuno comezar cos trámites, ou non, sobre as propostas descritas.
Informamos que si os sondeos de opinión son positivos procederase a súa tramitación seguindo os seguintes pasos:
1.- Comedor: abrirase lista de interesados, pediranse presupostos, informarase aos interesados dos presupostos e tras a súa aprobación da empresa seleccionada procederase á contratación da mesma (tende en conta que o transporte d@s nen@s de volta á casa despois de comer correrá a cargo dos pais/nais). Aquí, dende a directiva, pediremos todas aquelas subvencións que saian, destinadas ao comedor escolar.
2.- Uniforme: farase una votación oficial, se os resultados son de novo positivos, pasaranse ao Consello Escolar para que aprobe o uso. En todo caso aínda que o uso do uniforme sexa aprobado polo consello o uniforme non será obrigatorio; e dicir, o pai/nai non interesados poderá prescindir do uso do uniforme e seguir coma ata agora.
3.- Xornada: informarase aos pais/nais do/s horario/s da xornada, logo, farase unha votación oficial, terase que aprobar no Consello Escolar e logo envialo á Xunta, que son os que teñen a última verba para a súa aprobación.

Rogámoslle que cubran a enquisa e a entreguen, ANTES DO VENRES 11 DE OUTUBRO,  NO CENTRO. Unha vez feito o reconto poñeremos unha nota informativa no taboleiro de anuncios da entrada do Centro e no blog da Asociación. (www.cabodecruz.org)
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario