lunes, 17 de febrero de 2014

XUNTANZA DO CONSELLO ESCOLAR

O 29 de xaneiro do 2014 tivo lugar a xuntanza do Consello Escolar onde se tratou a seguinte orde do día:
.. Aprobación da acta anterior. Aprobouse por unanimidade.
.. Aprobación do proxeto lingüístico 2013-2014. Foi aprobado
.. Lectura e aprobación do estado de contas. Tras os ingresos e gastos douse superávit. Foi aprobada.
.. Informes da presidenta:
... Informase aos membros do consello que a aula de psicomotricidade foi pintada polo Concello pero falta acondicionar o chan e luces.
... Informase que a Delegación se vai facer cargo dos arranxos do pararraios, antena e mais da vidrieira do teito a cal mete auga.
... Informase que se vai solicitar que veña un técnico de mantenemento para revisar a caldeira dado que ten un consumo excesivo supoñendo un dos maiores gastos do presuposto do centro.
... Informase que o tema da recolocación das fiestras segue igual; que se está insistindo pero que ainda non cambiaron as que faltan.
... Informase que está pedido o material para a aula de psicomoticidade e para a 2º aula Abalar pero que non chegou aínda nada.
... Informase que no antroido vaise a facer unha feira mariñeira así coma conferencias, charlas etc que teñen que ver co tema.
.. Rogos e preguntas:
... O representante da APA Loureda informa das reunións matidas co xerente da empresa de autubuses Outeiral para tratar o novo horario da xornada única. Non se chega a acordo tras a proposta de varios horarios, alegando o xerente de Outeiral, que con tales cambios de horario precisaría de mais autobuses que non están contratados pola Xunta co cal  veo inviable.
Ante este feito, o representante da APA indicou aos membros do consello escolar, que pese a non chegar a acordo ca xerencia Outeiral, en xunta directiva acordouse solicitar igualmente a xornada en horario de 09:00 a 14:00h. dado que según o sondeo dos pais/nais unha alta porcentase manifestou que se establecera a xornada única e por tanto que se veían na obriga de levar a cabo esta delixencia aínda que a resposta fose negativa.
Pola súa parte, o claustro de profesores vaise reunir para deliberar sobre o tema e se están dacordo facer os informes e delixencias pertinentes para solicitar dito cambio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario