martes, 29 de abril de 2014

EXCURSIÓN 17 DE MAIO 2014

Estimad@s soci@s:                                                                                          30 de abril do 2014           
Pola presente informamos que o vindeiro  17 de maio do 2014 está prevista facer unha excursión á FERVENZA DA TOXA GRANXA ESCOLA. ALBERGUE en Silleda. (Podedes ollar a súa web: www.granxaescola.com).
Poderán participar @s soci@s, os fill@s de socios matriculados durante este curso 2013-2014 e integrantes da unidade familiar directa (ou sexa,  pai, nai e irmás).
Todos os que queirades asistir  debédevos de inscribir no Centro Social de Cabo de Cruz (2ª Planta – local asociacións) os días: martes 6, mércores 7 e xoves 8 de maio de 10:30 a 11:30 ou de 17:00 a 18:00h. E facer efectivo o pago no momento da inscrición.  (AVISO IMPORTANTE: non se inscribirá a ninguén fora destas datas e horarios nin a aquelas persoas que non fagan efectivo o pago no momento).
Así mesmo desde a directiva da APA acordouse o seguinte:
·         Que os nen@s soci@s terán subvencionado pola APA o cento por cento do importe da excursión; ou sexa, terán gratis o transporte a entrada e o xantar. En todo caso as inscricións d@s nen@s   deben ser feitas por un adulto e indicar nese intre si comen por conta allea ou se lle encarga menú.
·         Que @s nen@s poden participar na excursión SEN acompañantes sempre e cando se entregue a autorización á directiva da APA no momento da inscrición (a directiva e pai/nais colaboradores faranse cargo do coidado d@s cativ@s así como o monitorado da Granxa).
·         Que  o pai, nai ou irmáns acompañantes terán  subvencionado o transporte, tendo que aboar eles as entradas e o menú se o desexan encargar (menores de 3 anos non pagan entrada pero non poden participar na actividade programada).
·         Custos:  Entradas 19€ por persoa (adultos e nen@s acompañantes)/ Entrada e xantar: 24€ nen@s e 26€ adultos por persoa, e o menú inclúe: croquetas, pasta con atún e tomate, iogur. Refrescos, viño e o café  so adultos (Non traballan outros menús).     
·         Todos aqueles socios que non queiran menú, poden levar a comida da casa, pero en todo caso, deben inscribirse igualmente e aboar os custos pertinentes.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PROGRAMACIÓN:  
AVISO IMPORTANTE: esíxese puntualidade dado que a organización respectará os horarios establecidos e non se farán devolucións.
Hora de saída de Cabo de Cruz: Marquesiña do parque do Subuqueiro  ás 08:45h. Marquesiña do Centro Social de Cabo ás 09:00h.
Hora aproximada de permanencia na granxa: de 10:30h. a 17:30h.
Descansiño: merenda (por conta dos participantes)u outros: De 17:30 a 18:00h.
Regreso a Cabo de Cruz: 18:00h. (prégase puntualidade), chegada aproximada as 19:45h.
ACTIVIDADE:
A)     Infantil, 1º e 2º de primaria: Mañá; Visita aos animais da granxa, Visita á horta ecolóxica, Visita ao forno de pan (obradoiros). Tarde; xogos populares.
B)      3º, 4º,5º, 6º de primaria e acompañantes adultos: Multiaventura (rocódromo –escalada-, tirolina e tiro con arco) e visita aos animais. Tarde; xogos populares.

ATENTAMENTE A DIRECTIVA            

miércoles, 9 de abril de 2014

LIBROS DE TEXTO

O  Conselleiro anuncia o mantemento dos  libros de texto para o vindeiro curso en concordancia coa reclamación feita pola Plataforma en  Defensa do Ensino Público


A Plataforma en defensa do Ensino Público conformada por CCOO, FETE-UGT, CONFAPA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva congratulase coas manifestacións feitas o mércores en sede parlamentaria polo Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, nas que entre outros asuntos manifestaba o mantemento dos libros de texto para o vindeiro curso entendendo que "hai marxe para que os novos contidos poidan ser adaptados nas aulas".

Desde a Plataforma en Defensa do Ensino  Público  iniciaramos una campaña para que os Consellos Escolares dos centros se manifestaran en contra do cambio dos manuais para o vindeiro curso na liña de que os cambios que se plantexaban coa implantación da LOMCE non repercutiran na xa de por si maltreita economía das familias. Convén lembrar que esta campaña  conta coa numerosa adhesión de Consellos Escolares dos centros educativos galegos que xa aprobaron resolucións nese sentido a instancia da nosa Plataforma.

A Campaña que tamén se fixo extensiva aos Consellos Escolares Municipais e conta co apoio dos mesmos. O máis inmediato é o caso do CEM de Lugo, que onte aprobou unha resolución contraria ao devandito cambio.

Asemade os conselleiros da Comisión Permanente do Consello Escolar de Galicia pertencentes ás organizacións que conforman a Plataforma en Defensa do Ensino Público xa solicitaramos unha xuntanza da devandita comisión para debater unha resolución contraria ao cambio de libros de texto para o vindeiro curso  instando á potenciación dos bancos de libros e as bibliotecas de aula.

Malia que nos congratulamos coa decisión tomada polo Conselleiro, desde a Plataforma en Defensa do Ensino Pública, queremos facer constar que continuaremos a esixir o completo financiamento do ensino público con fondos públicos, reclamando a recuperación da gratuidade dos libros de texto e a potenciación de  alternativas como os bancos de libros ,xa creados en numerosos centros, que deben seguir sendo usados porque supoñen un capital social que debe ser respectado e defendido.


Así mesmo emprazamos ao Conselleiro a entablar un diálogo que nos permita facerlle chegar o noso posicionamento noutras cuestións que son inherentes ao desenvolvemento e implantación da LOMCE na nosa comunidade.