martes, 1 de julio de 2014

CONVOCATORIA DO CONSELLO ESCOLAR FIN DE CURSO

O luns 30 de xuño ás 16:00h. tivo lugar a última xuntanza do Consello Escolar do curso 2013-2014 tratando os seguintes puntos da orde do día:

- Aprobación da acta anterior; aprobouse por unanimidade.
- Informes da Dirección:
.. Informouse de que se solicitara ao Ministerio o programa de inmersión lingüística, e que se non no concederan, pediríase o mesmo programa a Xunta de Galicia.
.. Informouse de que no próximo curso traballará no centro unha nativa, 12h. semanais, no programa de conversa na lingua inglesa.
.. Informouse de que este curso o centro recibira da Concellería de Deportes 225€ para actividade e material deportivo e outra, da Concellería de Cultura de 370,50€ que foron destinados a sufragar as actividades da Semana Cultural e unha viaxe realizada polos alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria.
Tamén se recibiu outra subvención de 304€ para o programa de Normalización Lingüística e os 812€ aportados pola APA Loureda para inverter na aula de psicomotricidade.
.. Informouse de que tras nova conversa co Xefe Territorial ian a cambiar as fiestras pendentes, de dúas aulas máis. Pero que habería que esperar dado que nestes intres a Xefatura Territorial non ten fondos. Propúxose esperar a contestación definitiva e de ser esta negativa, a dirección do Centro xunto coa a APA, tomar as medidas oportunas.
.. Informouse de que se ia a crear un campo de bolos do centro, sufragado polo concello de Boiro. Este sería o primeiro campo de bolos educativo en toda Galicia.
.. Informouse ao Concelleiro representante no Consello das obras pendentes indicando este que este verán se faría o mantenemento da marquesiña entre outros arranxos que aínda están pendentes.
.. Informouse de que no próximo curso non se fará o cambio de libros. Que o número do alumnado matriculado ascende a 165 alumn@s e que as clases comezarán o 10 de setembro e finalizarán o 19 de xuño.
.. E por último, a directora agradeceu a axuda e colaboración do Concello de Boiro e da APA Loureda neste curso.
- Aprobación da Memoria final; por aprobada por unanimidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario