viernes, 26 de septiembre de 2014

CONVOCATORIA: ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

CONVOCATORIA 1º ASEMBLE XERAL EXTRAORDINARIA PAIS/NAIS
DO CENTRO STª Mª DO CASTRO

Pola presente convócase  a  tódolos os pais/nais do Centro STª Mª do Castro. á  1ª ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DE PAIS/NAIS DE ALUMN@S do curso 2014-2015, que se celebrará o vindeiro SÁBADO 4 DE OUTUBRO DO 2014, nas dependencias do Centro Social de Cabo de Cruz, as 17:00h. en primeira convocatoria e as 17:15h en segunda convocatoria; terá lugar a 1ª A.X.E. deste curso 2014-2015 co seguinte orde do día:

Ø  Aprobación da acta anterior se procede
Ø  Informes da Presidenta.
.. nova directiva ou comisión xestora
Ø  Elección da nova Directiva ou outros acordos.
Ø  Rogos e preguntas.                                                                                   
                                                                                              Valiño, 29.de setembro do 2014
A xunta directiva en funcións
 
IMPORTANTE: Estimados pais/nais, infórmase que na asemblea xeral celebrada o pasado 20 de setembro, a actual Directiva presentou a súa dimisión. Dado que a asistencia de soci@s foi moi baixa, e pese a que algúns dos presentes mostraron a súa vontade de ser membros da nova directa, non dou lugar á elección d@ nov@ presidet@. Polo cal, POLO BEN DOS NOS@S FILL@S, prégase que polo menos, un representante das familias inscritas no Colexio STª Mª do Castro (socios e non socios) asistan á reunión dado que de non haber elección da nova presidencia debemos acordar entre tod@s o futuro da APA Loureda. Gracias                                                      A directiva en funcións.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estimados pais e nais: 
 Pola presente remitímoslles información sobre as ACTIVIDADES EXTRA ESCOLARES que se PRETENDEN levar a cabo este curso so para socios e que comezarán a primeira semana de outubro si é posible polo que deben inscribirse o antes posible na conserxería do colexio(abertas todo o curso) E SEMPRE E CANDO, SE FORME UNHA NOVA XUNTA DIRECTIVA, do contrario aquelas que se impartan no colexio serán suspendidas de inmediato dado que non haberá responsable legal.
 As actividade que non alcancen o número mínimo de alumnos quedarán suspendidas.
 TEATRO: 1h. a semana, os martes de 16:00 a 17:00h. 15€/ mes ( a partir de 3 anos) 
INGLÉS LÚDICO: 1h. a semana, os martes de 17:00 a 18:00h. 12€/ mes (a partir de 3 anos)
 MANUALIDADES h. a semana, os mércores de 17:30 a 19:00h. 15€ /mes (a partir de 6 anos)
 BAILE/ZUMBA: 1h. a semana, os xoves de 16:00 a 17:00h. Socios 15€ /mes (a partir de 3).  Zumba 1h. a semana, os xoves, horario pendente e lugar de impartición 
PATINAXE: 1h. a semana, os venres de 17:00 a 18:00h. 12€ / mes (a partir de 3 anos)
 INFORMÁTICA, 1h. a semana, os venres de 16:00 a 17:00h. Socios 15€ / mes (a partir 5 años sabendo ler e escribir)
 REFORZO E APOIO ESCOLAR: 1h. a semana, os xoves de 17:00 a 18:00h. 12€/ mes (a partir de 8 anos) 
Estas actividades (excepto inglés, reforzo e informática) están abertas tamén ós adultos. 
 Teatro (20€), inglés lúdico (18€), manualidades (18€) baile e zumba (20€) están abertos a non soci@s pero con diferente custe e a inscrición deben facela no Centro Social de Cabo.
 Así mesmo, informamos que por ser soci@s terán descontos nos obradoiros do Centro Social de Cabo de Cruz de: Ballet, Debuxo e pintura, cestería e manualidades, así coma en diferentes casas e empresas comerciais da localidade.
 IMPORTANTE: As actividades deberán ser aboadas dentro dos primeiros 15 días do mes. De non ser aboadas nese tempo, o participante pode ser expulsado por impagamento.
 Na espera de poder facer unha A.P.A. forte e co apoio de todos, esperamos que tódalas familias se fagan socios e podamos botar unha man, no bo funcionamento do colexio dos nosos fillos. 
Atentamente, A XUNTA DIRECTIVA EN FUNCIÓNS Cabo de Cruz, 25 de setembro do 2014.