viernes, 26 de septiembre de 2014

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estimados pais e nais: 
 Pola presente remitímoslles información sobre as ACTIVIDADES EXTRA ESCOLARES que se PRETENDEN levar a cabo este curso so para socios e que comezarán a primeira semana de outubro si é posible polo que deben inscribirse o antes posible na conserxería do colexio(abertas todo o curso) E SEMPRE E CANDO, SE FORME UNHA NOVA XUNTA DIRECTIVA, do contrario aquelas que se impartan no colexio serán suspendidas de inmediato dado que non haberá responsable legal.
 As actividade que non alcancen o número mínimo de alumnos quedarán suspendidas.
 TEATRO: 1h. a semana, os martes de 16:00 a 17:00h. 15€/ mes ( a partir de 3 anos) 
INGLÉS LÚDICO: 1h. a semana, os martes de 17:00 a 18:00h. 12€/ mes (a partir de 3 anos)
 MANUALIDADES h. a semana, os mércores de 17:30 a 19:00h. 15€ /mes (a partir de 6 anos)
 BAILE/ZUMBA: 1h. a semana, os xoves de 16:00 a 17:00h. Socios 15€ /mes (a partir de 3).  Zumba 1h. a semana, os xoves, horario pendente e lugar de impartición 
PATINAXE: 1h. a semana, os venres de 17:00 a 18:00h. 12€ / mes (a partir de 3 anos)
 INFORMÁTICA, 1h. a semana, os venres de 16:00 a 17:00h. Socios 15€ / mes (a partir 5 años sabendo ler e escribir)
 REFORZO E APOIO ESCOLAR: 1h. a semana, os xoves de 17:00 a 18:00h. 12€/ mes (a partir de 8 anos) 
Estas actividades (excepto inglés, reforzo e informática) están abertas tamén ós adultos. 
 Teatro (20€), inglés lúdico (18€), manualidades (18€) baile e zumba (20€) están abertos a non soci@s pero con diferente custe e a inscrición deben facela no Centro Social de Cabo.
 Así mesmo, informamos que por ser soci@s terán descontos nos obradoiros do Centro Social de Cabo de Cruz de: Ballet, Debuxo e pintura, cestería e manualidades, así coma en diferentes casas e empresas comerciais da localidade.
 IMPORTANTE: As actividades deberán ser aboadas dentro dos primeiros 15 días do mes. De non ser aboadas nese tempo, o participante pode ser expulsado por impagamento.
 Na espera de poder facer unha A.P.A. forte e co apoio de todos, esperamos que tódalas familias se fagan socios e podamos botar unha man, no bo funcionamento do colexio dos nosos fillos. 
Atentamente, A XUNTA DIRECTIVA EN FUNCIÓNS Cabo de Cruz, 25 de setembro do 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CONTACTO

Dirección:
Valiño, 51
15939 Cabo de Cruz – Castro
Boiro (A Coruña)

Teléfono: 981 84 65 55
Fax: 981 84 78 17
Email: anpa@cabodecruz.org