lunes, 6 de octubre de 2014

NOVA DIRECTIVA- INFOR. XERAL

Estimados pais e nais:
Pola presente comunicámoslles que na asemblea xeral extaordinaria celebrada o sábado 4 de outubro do 2014 elixiuse coma nova presidenta da entidade a dona PATRICIA LOJO NINE, compoñendo o seu equipo directivo:  Elbia Sánchez Pereira vicepresidenta, Eva Mª Triñanes Muñiz secretaria, Raquel Vidal Mariño tesoureira, Sonia Sampedro Rodríguez vocal,  Yolanda Redondo Pérez vocal,  Ana fernández Díaz            vocal, Natividad Triñanes Cespón vocal,  Francisco Nieto Blanco vocal suplente e  J. Joaquín Fernández e  Patricia Sampedro Pérez   coma vocais honoríficos.

Así mesmo informamos que se atopa ó cobro a cota da A.P.A. correspondente ó curso escolar 2014/2015. Esta cota, importe de 25€/anuais, poden abonala en efectivo na conserxería do colexio antes do vindeiro 31 de outubro.
Ao mesmo tempo, deberán entregar a ficha de socio que figura no baixo deste escrito, para poder ter unha relación efectiva das familias  socias da A.P.A. e dos alumnos beneficiarios (para os alumnos de preescolar, indicar claramente en que aula están: 3 anos, 4 anos ou 5 anos). Unha vez inscritos entregaráselles o carné de socio e o que xa o teñen debe cuñar este curso.

Igualmente remitímoslles información sobre as ACTIVIDADES EXTRA ESCOLARES que se van levar a cabo este curso SO PARA SOCIOS e que comezarán a terceira semana de outubro (salvo baile que xa comezou) si é posible polo que deben inscribirse o antes posible  na conserxería do colexio. (abertas todo o curso). As actividade que non alcancen o número mínimo de alumnos quedarán suspendidas.

Impartiranse no Centro Social de Cabo de Cruz
    
INGLÉS LÚDICO: 1h. a semana, os martes de 17:00 a 18:00h.  12€/ mes (a partir de 3 anos)
MANUALIDADES h. a semana, os mércores de 17:30 a 19:00h. 15€ /mes (a partir de 6 anos)
BAILE/ZUMBA: 1h. a semana, os xoves de 16:00 a 17:00h. Socios 15€ /mes (a partir de 3).
                       Zumba 1h. a semana, os xoves, horario pendente e lugar de impartición.
TEATRO: 1h. á semana, os martes de 16:00 a 17:00h
Impartiranse no colexio:


PATINAXE: 1h. a semana, os venres de 17:00 a 18:00h. 12€ / mes. 
 (a partir de 3 anos)
INFORMÁTICA, 1h. a semana, os venres de 16:00 a 17:00h. Socios 15€ / mes
(a partir 5 años sabendo ler e escribir)
REFORZO E APOIO ESCOLAR: 1h. a semana, os xoves de 17:00 a 18:00h.  12€/ mes
 (a partir de 8 anos)
Estas actividades (excepto inglés, reforzo e informática) están abertas tamén ós adultos.

Teatro (20€), Inglés lúdico (18€), (manualidades 18€) baile e zumba (20€) están abertos a non soci@s pero con diferente custe e a inscrición deben facela no Centro Social de Cabo.

Informamos, tamén, que por ser soci@s terán descontos nos obradoiros do Centro Social de Cabo de Cruz de: Ballet, Debuxo e pintura, cestería e manualidades, así coma en diferentes casas e empresas comerciais da localidade.

Por último, indicarlles que en breve recibirán información sobre o servizo de comedor e a actividade cultural para este trimestre.

IMPORTANTE: As actividades deberán ser aboadas dentro dos primeiros 15 días do mes. De non ser aboadas nese tempo, o participante pode ser expulsado por impagamento.

         Na espera de poder facer unha A.P.A. forte e co apoio de todos, esperamos que tódalas familias se fagan socios e podamos botar unha man, no bo funcionamento do colexio dos nosos fillos.
Atentamente, A XUNTA DIRECTIVA  

Cabo de Cruz, 6 de outubro do 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CONTACTO

Dirección:
Valiño, 51
15939 Cabo de Cruz – Castro
Boiro (A Coruña)

Teléfono: 981 84 65 55
Fax: 981 84 78 17
Email: anpa@cabodecruz.org