O pasado luns tivo lugar a xuntanza do Consello Escolar deste curso tratando os seguintes puntos da orde do día:
. Orzamento; expúxose o total dos ingresos e gastos dando a contabilidade final: superávit. Foi aprobada por unanimidade.
. Informes de Dirección:
- Infórmase que se lle remiteu un escrito ao Concello de Boiro para o arranxo de varias deficiencias estructurais do Centro. O concello xa empezou a arranxalas.
- Sobre o tema da reposición das fiestras ante a falta de resposta da Xunta asinouse un escrito (Dirección do Centro, Consello Escolar e APA) para remitirlles de novo, aínda que esta vez co apoio do Consello e a APA.
- Informouse de que a APA impartirá un obradoiro de antifaces
- Se deu queixa de que familiares dos cativos están aparcando no paso de peóns. Sobre este tema acordouse falar cos Municipais e mandar unha nota recordatoria ás familias do incumplimento da normativa.