jueves, 9 de noviembre de 2017

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017-2018

Estimadas familias, informamos que certas actividades extraescolares que estaban pendentes de comenzar xa teñen horario establecido e poden apuntarse cando o desexen:

- Enjoy in English; 
                 4º de Educ. infantil e 1º de primaria mercores de 17:30 a 18:30 e xoves de 16:00 a 17:00h.
                  De 2º a 6º de primaria, mércores de 15:00 a 16:00h. e xoves de 17:00 a 18:00h
   Levaranse a cabo no colexio e o custo é de 15€ socio e 20€ non socios/mes

- Zumba kidz; xoves de 16:15 a 17:15h. Impartirase no Centro Social de Cabo de Cruz e o custo é de 15€ socios e 20€ non socios/mes
 
- Pandeireta adultos; luns de 20:30 a 21:30h. Impartirase no Centro Social de Cabo de Cruz (salón multiusos, entrada pola parte de atrás do centro) o custo é 25 € socios e 20€ non socios.   

OBRADOIROS DE NADAL 2017

Estimadas familias, estamos preparando os obradoiros de Nadal. Este curso faranse con material de refugallo, polo que necesitamos a vosa colaboración para que vaides gardando os rolos de carton do papel hixiénico.

Os obradoiros  levaranse a cabo no colexio, por grupos e nas seguintes datas:

- Luns 27 de novembro ás 17:30h. para nen@s de Intantil e 1º de primaria
- Mércores 29 de novembro ás 17:30h. para nen@s de 2º a 6º de primaria.
Tod@s os pais e nais estades convidados a participar.
                                                                                                Moitas gracias pola vosa colaboración.
.

miércoles, 27 de septiembre de 2017

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017-2018

Estimadas familias: informamos que as actividades que empezarán no mes de outubro son:

Piscina  -   Taekwondo -   Mecanografía  -  Teatro -  Patinaxe  -   Sintonía de Emocións  - banlocesto (so xoves de 16:00 a 17:00h).
Estamos pendentes de confirmar Baile Moderno e Debuxo e Pintura xa que falta moi pouquiño para acadar os grupos mínimos.

Informarmos que tanto estas, coma o resto de actividades  tendrán a inscripción aberta durante todo o curso. podéndose apuntar no colexio ou no centro Social de Cabo de Cruz, neste último,  so nas actividade que impartimos alí.

martes, 26 de septiembre de 2017

SERVIZO DE COMEDOR

   Estimadas familias, comunicamos que o servizo de comedor entrará en funcionamento o luns 2 de outubro do 2017 cun coste de 5,50€/día. Para os nen@s que vaian eventualmente, o coste do menú será de 6,50€/día. Este servizo levarase a cabo os luns e os mércores.
A empresa encargada vai ser Landeiras Delicatessen SL. O menú estará composto dun 1º, dun 2º  pan, postre e bebida.
En caso de NON asistencia por causa xustificada teredes que avisar antes das 10:00h. do mesmo día ao teléfono: 981 86 51 34.
Mensualmente a empresa comunicará a cada asistente ao comedor escolar o importe do servizo.
Ante calquera dúbida podedes aclarala polo  na opción resposta ao comunicado enviado polo TokApp (comunicación por mobil) ou ben pasando polo colexio

viernes, 5 de mayo de 2017

CICLO DE CINE FAMILIAR APA LOUREDA

Como vos informamos con anterioridade, o CICLO DE CINE APA LOUREDA, xa está listo así que vos detallamos a información sobre este programa:
                                DATAS:
Trools :        Venres 12 de maio ás 20:00h.
Los Croods: Venres 26 de maio ás 20:00h.
Brave:          Vernes 09 de xuño ás 20:00h.
LUGAR:
Auditorio  do Centro Social de Cabo de Cruz  
Donativo: 1€


ABERTO AO PÚBLICO EN XERAL

miércoles, 3 de mayo de 2017

CICLO DE CINE FAMILIAR APA LOUREDA

Adiantamos que estamos a preparar un ciclo de cine destinado ao público familiar, e aberto a todo o mundo. Terá lugar no auditorio deo CSoCC os venres. Nuns días daremos toda a información detallada.
Saúdos