Estimados pais e nais:
Pola presente comunicámoslles que na
asemblea xeral extaordinaria celebrada o sábado 4 de outubro do 2014 elixiuse
coma nova presidenta da entidade a dona PATRICIA LOJO NINE, compoñendo o seu
equipo directivo: Elbia Sánchez Pereira vicepresidenta,
Eva Mª Triñanes Muñiz secretaria, Raquel Vidal Mariño tesoureira, Sonia
Sampedro Rodríguez vocal, Yolanda
Redondo Pérez vocal, Ana fernández Díaz
vocal, Natividad Triñanes Cespón vocal,
Francisco Nieto Blanco vocal suplente e
J. Joaquín Fernández e Patricia
Sampedro Pérez coma vocais honoríficos.
Así mesmo informamos que se atopa ó cobro
a cota da A.P.A. correspondente ó curso escolar 2014/2015. Esta cota, importe de 25€/anuais, poden abonala en efectivo na conserxería do colexio antes do vindeiro 31 de outubro.
Ao mesmo tempo, deberán entregar a ficha de socio que figura no
baixo deste escrito, para poder ter unha relación efectiva das familias socias da A.P.A. e dos alumnos beneficiarios
(para os alumnos de preescolar, indicar claramente en que aula están: 3 anos, 4
anos ou 5 anos). Unha vez inscritos entregaráselles o carné de socio e o que xa
o teñen debe cuñar este curso.
Igualmente remitímoslles información
sobre as ACTIVIDADES EXTRA ESCOLARES que se van levar a cabo este curso SO PARA SOCIOS e que comezarán a terceira
semana de outubro (salvo baile que xa comezou) si é posible polo que deben
inscribirse o antes posible na conserxería do colexio.
(abertas todo o curso). As actividade que non alcancen o número mínimo de
alumnos quedarán suspendidas.
Impartiranse
no Centro Social de Cabo de Cruz
|
INGLÉS LÚDICO: 1h. a semana, os martes
de 17:00 a 18:00h. 12€/ mes (a partir de
3 anos)
MANUALIDADES h. a semana, os mércores
de 17:30 a 19:00h. 15€ /mes (a partir de 6 anos)
BAILE/ZUMBA: 1h. a semana, os xoves
de 16:00 a 17:00h. Socios 15€ /mes (a partir de 3).
Zumba 1h. a semana, os
xoves, horario pendente e lugar de impartición.
TEATRO: 1h. á semana, os martes de 16:00 a 17:00h
Impartiranse no colexio:
PATINAXE: 1h. a semana, os venres de
17:00 a 18:00h. 12€ / mes.
|
(a partir de 3 anos)
INFORMÁTICA, 1h. a semana, os venres de
16:00 a 17:00h. Socios 15€ / mes
(a partir 5 años sabendo ler e escribir)
REFORZO E APOIO ESCOLAR: 1h. a semana,
os xoves de 17:00 a 18:00h. 12€/ mes
(a
partir de 8 anos)
Estas actividades (excepto inglés,
reforzo e informática) están abertas tamén ós adultos.
Teatro (20€), Inglés lúdico (18€),
(manualidades 18€) baile e zumba (20€) están abertos a non soci@s pero con
diferente custe e a inscrición deben facela no Centro Social de Cabo.
Informamos, tamén, que por ser soci@s terán descontos nos
obradoiros do Centro Social de Cabo de Cruz de: Ballet, Debuxo e pintura,
cestería e manualidades, así coma en
diferentes casas e empresas comerciais da localidade.
Por último, indicarlles que en breve
recibirán información sobre o servizo de comedor e a actividade cultural para
este trimestre.
IMPORTANTE: As actividades deberán ser aboadas dentro dos primeiros 15
días do mes. De non ser aboadas nese tempo, o participante pode ser expulsado
por impagamento.
Na espera
de poder facer unha A.P.A. forte e co apoio de todos, esperamos que tódalas
familias se fagan socios e podamos botar unha man, no bo funcionamento do
colexio dos nosos fillos.
Atentamente, A XUNTA DIRECTIVA
Cabo de Cruz, 6 de outubro do 2014.